Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Xunta de Goberno destina 290.000 € á Lama, Nigrán e Rodeiro ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos

O Goberno provincial leva investidos case 18 millóns de € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, un grao de execución do 64,8%

[Img #26276]

 

A Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de aprobar catro axudas a tres concellos da provincia (A Lama, Nigrán e Rodeiro), cunha contía total de 288.650,45 €, ao abeiro da liña 1 –investimentos– do Plan Concellos 2016.

 

No que vai de ano, o Plan Concellos dentro da súa liña 1 leva investidos 17.963.137,02 nos concellos da provincia, o que supón un grao de execución ata o momento do 64,8% en canto a investimentos.

 

Ao abeiro da liña 1, A Lama recibiu 60.389,85 € para a realización dunha actuación nos muros de sostemento e a pavimentación do camiño das Chozas. Pola súa parte, os 168.260,60 € achegados a Nigrán se concretan en 94.365,15 € para a humanización do torreiro da vila e outros 73.895,45 € co obxecto de realizar a rehabilitación do parque, da escola e da zona deportiva de Priegue. En último lugar, Rodeiro recibiu 60.000 € cos que a vila mellorará os accesos a varios núcleos municipais (concretamente os de Saa, en Santa María de Pescoso, e Outeiro, en Guillar) e, ademais, pavimentará os camiños de Suíme-Río e A Torre-Laxas.

 

Con estas achegas, os graos de execución do Plan Concellos (nas catro liñas) nestes concellos sitúanse do seguinte xeito: A Lama o 75,2% (344.644,38 €), Nigrán 73,6% (697.019,81 €) e Rodeiro 28,5% (138.585,77 €).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.