GALICIA
Medio Ambiente e Sanidade colaborarán no control e análise da calidade das augas soterradas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinaron hoxe este convenio.
![[Img #26279]](upload/img/periodico/img_26279.jpg)
As consellerías de Medio Ambiente e Sanidade colaborarán no control e análise das augas soterradas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, tal e como se recolle no convenio asinado hoxe polos titulares de ambos departamentos, Beatriz Mato e Jesús Vázquez Almuiña.
O acordo ratificado hoxe ten como obxectivo regular a cooperación entre as dúas consellerías para acadar unha programación axeitada e para establecer os parámetros a analizar, así como os puntos de control cos que se traballará.
En virtude deste convenio, o departamento de Sanidade, a través do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, encargarase de analizar as mostras que lle sexan remitidas por Augas de Galicia, e determinar as concentracións presentes co obxectivo de dar cumprimento á normativa vixente en materia de calidade das augas.
Os resultados das analíticas deberán ser entregados nun prazo inferior a dous meses desde a entrega de mostras, co fin de que Augas de Galicia poida realizar a planificación hidrolóxica con antelación suficiente. Pola súa banda, a consellería de Medio Ambiente remitirá periodicamente á Sanidade o plan de mostraxe a seguir e compensará os custos de realización dos citados análises.
Segundo a normativa europea e estatal vixente, é preciso implantar diferentes programas de monitorización que permitan determinar o estado das masas de auga, incluídas as soterradas. Doutra banda, esta normativa establece as medidas para determinar e inverter as tendencias significativas e sostidas de aumento das concentracións de contaminantes, e para previr ou limitar as entradas de estas substancias nas augas subterráneas.
Deste xeito, para coñecer o estado actual das augas soterradas é preciso analizar en laboratorio diversos parámetros de calidade en distintos puntos de control, tal e como se regula a través deste convenio de colaboración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136