Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O tecido empresarial de Salceda esixe cobrar as súas facturas

[Img #26285]

 

Máis de 50 proveedores do Concello veñen de manter unha xuntanza co Equipo de Goberno do Concello de Salceda na que acordaron esixir o cobro das cantidades adeudadas.

 

Segundo se informa nunha nota de prensa remitida dende o Concello de Salceda  “os/as autónomos/as e empresarios/as esíxenlle aos grupos da oposición que non os empreguen como excusa nas súas liortas políticas, e que permitan que os proveedores poidan cobrar polos traballos correctamente realizados para o Concello, así como polos suministros ofrecidos, e que poidan facelo todos en igualdade de condicións e no mesmo momento. Afirman ser os perxudicados polo afán dos grupos da oposición de bloquear o Goberno de Movemento Salceda, o cal resulta de todo inadmisible”.

 

Os afectados presentaron un comunicado no Rexistro Xeral do Concello dirixido aos grupos de PP e PSOE, co seguinte contido:

 

Os asinantes, que figuran nas follas que se achegan con este escrito, acreedores pola prestación de servizos, obras e subministros ao Concello de Salceda de Caselas, enterados da postura dos grupos municipais do PSdG-PSOE e do PP, contrarios á aprobación do acordo do Recoñecemento Extraxudicial de crédito que permita o pagamento das súas facturas.

 

Solicitan aos Concelleiros/as dos devanditos grupos municipais que reconsideren a súa postura, exclúan do debate político a atención que merecen aos empresarios que conforman o tecido económico deste Concello, e voten a favor ou, cando menos, se absteñan na seguinte sesión plenaria na que se trate o asunto.

 

En caso contrario tomaremos as medidas xudiciais e de toda índole que procedan, inclusive aquelas que entendamos oportunas dirixidas individualmente contra os concelleiros/as que de forma improcedente están a impedir o pagamento das cantidades que se adebedan aos proveedores”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.