Mos
O ocio e o deporte non paran en Mos por vacacións
![[Img #26287]](upload/img/periodico/img_26287.jpg)
O Concello de Mos presentou o programa “Mos no Verán”, unha alternativa de ocio deportivo dirixida a toda a poboación que se desenvolverá no mes de Agosto, proporcionando así os veciños a posibilidade de seguir gozando de actividades que xeralmente se paralizan con motivo da época estival.
Deste xeito, os veciños do municipio poderán seguir mantendo unha vida activa, participando en diversas actividades deportivas repartidas por diferentes puntos do noso Municipio.
As actividades estarán dirixidas por monitores especializados, e terán lugar ó aire libre en diferentes puntos do Concello, achegándose así a todo o municipio e poboación.
Unha dás actividades propostas é a de Sendeirismo, cunha Andaina polo Sendeiro do Río Louro que será os Martes e Xoves as 9:30,e que rematará no Parque Biosaudable da Pateira, onde se explicará o funcionamento de cada un dos aparellos que podemos encontrar no recinto: bicicletas, steps, equipos de coordinación, etc
Continuarase coa actividade de Zumba, que tivo moito éxito nos meses anteriores ,na zona de Costoias. Esta vez farase na pista de San Rafael os Luns e Mércores de 21 a 22 horas, un horario ideal para realizar esta actividade de cardio e baile, pensando en que a calor non sexa tan abafante. Esta está pensada para conciliar a vida laboral e familiar coa práctica deportiva.
Os martes e xoves, no Parque de Sanguiñeda, realizarase una xornada de Pilates, nun entorno idílico para relaxarse vendo como o sol vai deixando paso a noite. O horario desta actividade tamén será de 21 a 22 horas.
Todas as propostas descritas serán de balde, sen necesidade de inscribirse previamente. O único requisito é ter ganas de continuar coa vida activa a vez que divertida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149