GALICIA
CCOO solidarízase coas familias e cos bombeiros forestais feridos nos incendios de Ribas de Sil e de Lobios
O 18 xullo foi un día negro na para os bombeiros forestais do SPDCIF de Galicia, pois deixou un total de 6 feridos (un deles en estado grave) nos incendios forestais de San Clodio - Ribas de Sil no distrito forestal VIII Terra de Lemos (3 por queimaduras, 1 por golpe de calor e 1 por envorcado de motobomba) e en Lobios no distrito forestal XV da Limia (1 por golpe de calor ).
Dende CCOO:
Desexamos a pronta e total recuperación dos feridos e mandámoslle todo o ánimo para ás súas familias.
Solicitamos que o resto de traballadores/as do SPDCIF, extremen as medidas de seguridade para evitar que se poidan repetir feitos deste tipo.
CCOO esíxelle á Consellería de Medio Rural:
A rápida investigación das causas de ambos accidentes para que a través do coñecemento das mesmas se poidan atallar novos sucesos similares, así como reiteramos a nosa esixencia de que se realice dunha vez por todas a avaliación de riscos en tarefas de extinción que deben rematar cun Plan de acción e protocolos de actuación para tratar de eliminar ou reducir ó mínimo estas situacións de risco que poden ter graves consecuencias na saúde e mesmo para vida dos bombeiros forestais do SPDCIF.
Que tome a prevención de riscos como unha inversión e non como un gasto, pois a primeira prioridade na loita contra os incendios forestais debe ser sempre preservar a seguridade das persoas que participan na mesma, extremando a observancia das medidas de seguridade e de prevención que establecen os protocolos actuais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136