PROVINCIA
A Xunta inviste máis DE 6,6 millóns de euros para melloras e reformas de ata 25 centros educativos da cidade de Vigo
O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou que estas inversións se executan, sobre todo, a través do fondo de superávit de responsabilidade.
![[Img #26324]](upload/img/periodico/img_26324.jpg)
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou estasemana, en rolda de prensa, dos centros educativos da área metropolitana nos que a Xunta de Galicia está a destinar un importante investimento para a mellora das súas infraestruturas.
Só en centros educativos de Vigo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 6,6 millóns de euros para atender as demandas de ata 25 centros educativos da cidade. Outros municipios da área territorial con partidas destinadas para melloras en infraestruturas educativas son Soutomaior, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño e Redondela.
As melloras realizaranse en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo
O delegado destacou que estas inversións proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida a melloras no ámbito da educación. As actuacións de reforma se levarán a cabo en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e o Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
López–Chaves aclarou que os centros beneficiados son os que presentaban unhas “maiores necesidades” atendendo ás “demandas máis urxentes” segundo os criterios técnicos e mencionou algúns dos centros educativos onde se están a por en marcha estas melloras en infraestruturas:
![[Img #26323]](upload/img/periodico/img_26323.png)
O delegado territorial informou tamén de que a maioría destas obras executaranse durante este verán “cando se suspenden as clases e non hai actividade docente” para non interromper o normal desenvolvemento do curso escolar, aínda que, coma especificou, existen algúns casos, como o do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao en Navia onde as obras poderanse executar durante o curso escolar xa que a súa primeira fase –que xa está en proceso de licitación por 1,8 millóns de euros- non se realizará na parcela actual do centro.
Neste senso, López-Chaves lembrou que Educación aínda está á espera de que o Concello de Vigo firme o convenio de cesión dos terreos. Aínda así, a Xunta decidiu licitar xa a obra para “adiantar o proxecto” e avanzar na súa tramitación. De todos xeitos, coma advertiu, a obra non poderá ser adxudicada mentres o goberno local non ceda a parcela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213