PONTEAREAS
Esquerda Unida de Ponteareas aposta pola consulta sobre o uso peonil da Praza Maior
![[Img #26336]](upload/img/periodico/img_26336.jpg)
No pasado pleno municipal, o concelleiro de EU-son, Lino Costas, manifestou o seu desacordo coa forma de impoñer as novas restricións ao tráfico da Concellería de Seguridade, nas Rúas Esperanza e Oriente e na Praza maior. Esta situación precisaba un debate previo ou polo menos, un período mínimo dun mes, durante o que se informara da nova situación de xeito claro e sinxelo antes de proceder a multar ás persoas infractoras, e non despois.
A Asemblea Municipal de EU está de acordo coa creación dunha Comisión de Estudo e Traballo formada por todos os grupos políticos, comerciantes, hostaleiros e residentes na zona. Pero por outra banda, ten en conta que tanto a Praza Maior coma as Rúas Oriente e Esperanza forman parte do centro da vida do noso concello, polo que restrinxir o diálogo soamente á parte da veciñanza desa zona é insuficiente. Despois de todo, nin a Praza Maior nin as Rúas Oriente e Esperanza son de uso exclusivo das persoas residentes e comerciantes desa zona en concreto.
Polo tanto, e "ante o conflito que está a suscitar esta cuestión que en principio supón un avance con respecto á habitabilidade da vila", ESQUERDA UNIDA aposta por unha "consulta a toda a veciñanza de Ponteareas, tal e coma establece o Artigo 70 bis.3 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local. Deste xeito, se tomará unha decisión da forma máis democrática posible".
ESQUERDA UNIDA considera tamén "interesante e necesario, coñecer a opinión dos demais veciños e veciñas de Ponteareas sobre esta cuestión. Sobre todo tendo en conta de que é precisamente esta veciñanza do Concello a potencial clientela dos establecementos comerciais que se din afectados".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184