Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 26 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Concello da Guarda presenta a nova páxina web de turismo

[Img #26355]

 

Tras meses de traballo, o Concello da Guarda presentaba, o pasado día 20, a súa nova web de turismo. A presentación ante os medios de comunicación e sectores interesados da páxina web terá lugar na planta baixa do Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz, ás 12 horas. Este Centro foi inaugurado recentemente e é o lugar idóneo para este evento, pois representa o compromiso do concello da Guarda coa potenciación do turismo da vila.


 
Esta web nace co obxectivo de proporcionar unha mellor experiencia a visitantes e turistas, que agora contarán cunha páxina específica de turismo na que consultar as súas dúbidas. A páxina web achegará información sobre os recursos turísticos da Guarda, sobre como se pode chegar, onde se pode durmir ou comer, o que hai que visitar ou as diferentes e variadas festas que se celebran na Guarda ao longo do ano, entre outras cousas. Todo isto cun deseño moi visual e atractivo no que as imaxes que amosan a beleza natural e paisaxística, así como o variado patrimonio da vila, son as protagonistas. Creouse así unha web que amosará ó mundo todo o que ten que ofrecer este especial e único recuncho do Baixo Miño.

 

E isto é só o comezo. O mesmo día da presentación, este mércores, tamén se amosará ó asistentes en exclusiva un vídeo de promoción turística da Guarda. Ademais, despois do arranque da web, a páxina irá actualizándose e ampliando o seu contido para dar cabida a todas as novidades e así ofrecer a información máis completa a todos os que visiten a web. Entre os diversos apartados con actualizacións periódicas atópase un adicado a novas sobre a Rede de Museos da Guarda.
 


Deste xeito, a nova páxina web axudará a completar a labor que xa viñan facendo a web do concello e a aplicación para móbil, constituíndo as tres ferramentas dixitais nas que visitantes e veciños e veciñas da vila poderán consultar toda aquela información sobre turismo que precisen.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.