Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 27 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O grupo municipal traslada aos provedores a súa proposta para a aprobación do recoñecemento extraxudicial

Os populares mostráronlle aos provedores afectados a proposta presentada en rexistro, para que o goberno negocie e acorde con toda a corporación unha solución a un problema "que os populares non crearon".

[Img #26408]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de ter unha xuntanza cos provedores o pasado xoves, co fin de explicarlles a súa postura ante a situación que se está a vivir  debido a mala xestión económica do equipo de goberno, e as múltiples acusación de culpabilidade do impago das súas facturas por  parte do  alcalde.

 

Os populares presentaron e entregaron aos provedores as propostas feitas na reclamación o orzamento rexistradas no concello. As cales foron explicadas con detalle polo voceiro do PP  de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila: “para pagar e amortizar ata 110.000 euros anuais, que permitirían baixar a débeda dos catro millóns de euros que temos na actualidade, sen necesidade de subir impostos aos veciños, pondo fin a esta práctica co beneficio a maiores de poder pagar as facturas en tempo, así como facilitar ca nosa abstención o pago deste recoñecemento, advertindo que teñen que cumprir o acordado, de non modificar as partidas do orzamento que conteñen os créditos para facer fronte os gastos correntes, de non ser así, esta situación de recoñecementos extraxudiciais tan elevados, repetirase no futuro”.

 

Coñecedores da aprobación definitiva do orzamento en comisión de goberno sen que tivesen en conta, unha vez máis a reclamación feita polo grupo popular, estes recordan e afirman, “que o orzamento podese modificar, e polo tanto variar as partidas de gasto, podendo así facer efectiva a proposta de aforro, ou incorporando outras que de seguro poidan aportar outros grupos”.

 

 

 

 

Transmiten a tristeza de que algúns, (a minoría) empresarios asistisen a reunión informativa co único afán de entorpecer, con claros exemplos de estar defendendo a xestión do Alcalde, que precisamente é o único responsable da situación

 

 

 

 

Por outra banda, o voceiro do PP de Salceda lamenta que varios empresarios asistisen a reunión informativa celebrada na noite do xoves cunha clara intención de, “entorpecer a mesma e dificultar a explicación aos demais provedores, coa defensa da xestión económica do Alcalde, que precisamente é o único responsable de habelos contratado sen ter os cartos para poder pagarlles, non só en trinta días como marca a lei, senon no ano da emisión da factura, lamento que empresarios estén dacordo co Alcalde en non cobrar os seus traballos ou servizos, no ano en que foron feitos”.  

 

"Os concelleiros populares non van aceptar ameazas nin presións de ninguén, e pregúntanse si esa actitude mostrada onte por parte de algúns provedores, foi a mesma na reunión que convocou o Alcalde con eles, ou si pola contra foron benevolentes con quen lles creou a situación de impago, non aceptamos que se nos meta no mesmo saco, unha cousa e ser concelleiro/a da Corporación, e outra moi distinta e ser concelleiro/a  do goberno, que son os que chaman e contratan os provedores para prestar servizos ou facer obras”.

 

Os populares salientan, pola contra, que a gran maioría de empresarios estiveron correctos nas formas e nos seus argumentos, “non se trata en que teñan que darnos a razón, se non de respectar a lexitima decisión do grupo popular de non ser cómplices de seguir endebedando o Concello, de non seguir permitindo que se gasten 640.000 € nun exercicio a maiores do que se ingresa, e si de intentar que o Alcalde negocie unha redución do gasto en torno os 110.000 € anuais para ir amortizando débeda e pagar os empresarios en tempo, e non un ano e medio despois, como é o caso de varias facturas de principios do ano 2015, incluso de traballos realizados no ano 2014 e facturados nese ano 2015”.

 

Recordan tamén, que o Partido Popular non goberna Salceda de Caselas dende xuño do ano 2007, (a pesar de gañar as elección no ano 11 quedando a 67 votos da maioría absoluta), polo tanto non foron partícipes das decisión de aprobar orzamentos inflados, irreais e con partidas de ingresos que nunca se cumpriron dos últimos anos, “un claro exemplo son as concesión dos postos da praza de abastos, onde un ano si e outro tamén, prevían ingresar 200.000 € cando en realidade se ingresou cero euros, o que significa que si gastaron eses 200.000 € que se trasladaron a débeda, non pagando facturas o non dispor deses cartos” .

 

Nese sentido, os populares subliñan que non era o PP o que mentía cando desde hai anos “víñamos advertindo e avisando da mala situación económica, e as consecuencias que nos traerían de seguir con esa política de gastar o que non se tiña, reiteradamente en notas de prensa, nos diferentes escritos presentados en rexistro e nos múltiples plenos municipais e comisións informativas o manifestamos”.

 

O voceiro popular deixa claro ademais que se hai alguén que non ten nada que ver, nin ten ni unha soa responsabilidade coa contratación e adxudicacións de obras, servizos ou suministros, “pagados ou non pagados, é o Partido Popular, pois non estamos no goberno, polo tanto nos estamos na comisión de goberno que é onde se decide as adxudicacións e se aproban os contratos de servizo ou suministros”.

 

 

 

 

Os populares demostraron con documentos públicos, (actas de pleno, informes de intervención e reclamacións o orzamento), as advertencias feitas ao goberno nos últimos anos, sobre o que pasaría de seguir gastando o que non se ingresa

 

 

 

 

Así mesmo, recalcan que este recoñecemento extraxudicial de 640.000 €, ten un informe contundente de intervención municipal con “carácter de reparo suspensivo, entre outras cuestións, porque varias facturas non se axustan a lei de contratos”.

 

En varios anos, como demostran as actas dos plenos municipais que se  entregaron na reunión do pasado xoves aos provedores, o grupo popular abstiñase na votación para a aprobación dos recoñecementos extraxudiciais, “cando o noso voto non era preciso para aprobalos, xa que o goberno tiña maioría no pleno por aquel entón, pero como recoñecemos que sempre  pode haber recoñecementos extraxudiciais, votamos de forma coherente, pero unha cousa son importes de 100.000 € anuais, 200.000 € ou incluso algo superiores cando hai motivos que o xustifiquen, e outra moi distinta son os 334.000 € do exercicio do ano 2014 recoñecidos no ano 2015,  ou os 640.000 € de exceso no exercicio 2015, que coincidiron con ano electoral ca gravidade de saber de antemán que non terían os cartos para poder pagar, e que agora se ten que recoñecer neste ano 2016 no pleno municipal”.

 

Por todo elo, os populares pídenlle ao Alcalde que non se esconda e que acepte a realidade, asuma a responsabilidade e non pretenda impor o que no pleno non pode facer, polo que lle piden que convoque unha reunión de traballo con todas as partes, “se tivera un mínimo de vontade política e un mínimo de responsabilidade para solucionar o problema que él creou, sentaríase a falar cos grupos e cos provedores para poder chegar a un acordo entre todos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.