Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 27 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Medio Ambiente e o concello de Mos colaborarán na mellora do saneamento de distintos puntos do rural

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, asinaron hoxe un convenio de colaboración neste sentido, polo que a Xunta destinará unha dotación de 350.000 euros á rede de saneamento das zonas de Pedraucha e Atín-Cela.

[Img #26429]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de Mos colaborarán para mellorar o saneamento de distintos puntos do rural deste municipio.

 

Este compromiso vén recollido no convenio que asinaron hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, onde se establece que a Xunta achegará uns 350.000 euros para acometer esta actuación, que estará cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 

En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, eliminando puntos de vertedura e, grazas a iso, mellorando a calidade das augas dos ríos da contorna.

 

Ao remate da reunión, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.