MOS
A Xunta de Galicia iniciará esta semana o trámite de expropiacións para a construcción dunha senda peonil e ciclista en Atín
A nova senda executarase ao longo de case un quilómetro na marxe esquerda da PO-331, e previse un investimento de 450.000 €.
![[Img #26450]](upload/img/periodico/img_26450.jpg)
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron onte á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o novo itinerario peonil e ciclista ao longo da estrada autonómica PO-331 na zona de Atín, que o venres 29 de xullo inicia a súa tramitación coa publicación no Diario Oficial de Galicia da información pública a efectos expropiatorios.
Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe ata 2020. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo foran presentados o pasado 16 de marzo pola Conselleira de Infraestruturas e vivenda, e suman 12 quilómetros en 11 novas sendas. Como se indicou naquel momento, encargáronse os proxectos construtivos das actuacións e agora iníciase a tramitación do correspondente á senda da PO-331.
Francisco Menéndez explicou que se prevé unha nova senda cunha lonxitude de 920 metros, que implicará un investimento de 450.000 € cuns fondos que a día de hoxe xa están garantidos para a execución da actuación dentro do Plan de Sendas de Galicia. Deste modo, farase posible a comunicación peonil das vivendas e núcleos máis próximos a este treito da PO-331 coa capitalidade do concello de Porriño, e dotará dun novo acceso peonil e ciclista, directo dende a estrada autonómica, ao colexio público de Atín.
A sección que se vai executar contará cun firme de formigón con cor e garantirá un ancho mínimo de 1,8 m libres para o tránsito. Isto permitirá que as persoas que se despracen pola senda teñan un espazo suficiente como para transitar e cruzarse comodamente.
Para poder acometer a actuación será necesaria a expropiación de 1.453 m2, cun custo estimado de adquisición dos terreos de 10.152 €. Para elo, o documento que se somete o día 29 a información pública inclúe a relación de bens e dereitos afectados pola actuación.
Actuacións complementarias de mellora da estrada
A maiores da senda en si mesma, mellorarase a seguridade viaria e a funcionalidade da propia estrada con actuacións complementarias importantes en canto á súa transcendencia:
- Destaca o novo acceso peonil e ciclista ao colexio de Atín, directo dende a estrada PO-331, cun ancho de 3 metros e 200 de lonxitude.
- Mellorarase a intersección da estrada de Pereiras, habilitando un cambio de sentido que mellora a funcionalidade da PO-331.
- Habilitaranse rebaixes nos treitos existentes de beirarrúa da marxe dereita da PO-331.
- Instalarase un colector de saneamento que permitirá conectar as vivendas da zona co sistema de saneamento do Louro.
E, ademais, completarase a obra coa renovación da sinalización horizontal e vertical e aquelas obras de drenaxe e sostemento de terras que sexan necesarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149