Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Julio de 2016 Tiempo de lectura:
MONDARIZ BALNEARIO

Mondariz-Balneario recibe 30.000 € da Deputación para consolidar as ruínas da antiga lavandería

O grao de execución do Plan Concellos na vila é do 71%, o que sitúa o investimento en Mondariz-Balneario ata o de agora en 202.437,82 €.

[Img #26469]

 

A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de aprobar o investimento de 28.297,41 € no concello de Mondariz-Balneario para a consolidación das ruínas da antiga lavandería. Esta achega vén enmarcada dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

Ata o momento o Goberno provincial xa entregou as seguintes cantidades ao abeiro do Plan Concellos a Mondariz-Balneario: na liña 1, 108.883,67 € por mor das renovacións do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador e da estrada PO-254 á altura da rúa Constitución e das melloras na rúa Troncoso. Na liña 3, 6.269,42 € que financian o Campionato de Fútbol Sala, a actividade "Cine na Rúa", o Torneo de Golf e a peregrinación ao santuario da Franqueira. E no último lugar, á liña 4 de emprego se lle destinaron 58.987,32 € para a contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas funcións nos servizos municipais.

 

O Goberno provincial xa entregou o 70,6% do total destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 202.437,82 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.