Mos
O PIE Mos 3.0 podería pechar cun 85% de inserción laboral
75 dos 90 usuarios do Plan Integrado mosense atoparon un emprego
![[Img #26507]](upload/img/periodico/img_26507.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informaron hoxe sobre os resultados de inserción laboral durante o que vai do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0., coincidindo coa proximidade da finalización do mesmo, que se producirá o 31 de agosto.
O PIE Mos 3.0, continua desenvolvendo diversas accións formativas, que combinadas con prospección empresarial e orientación laboral, compoñen o proxecto presentado polo Concello de Mos e aprobado pola consellería de Economía, Emprego e Industria.
Datos de inserción
Desde que arrancou o Plan Integrado de Emprego, Mos 3.0, o pasado 1 de setembro de 2015, 75 das 90 persoas usuarias do PIE traballaron e 47 atópanse insertados actualmente.
Ditas 75 insercións representan o 83% do total de 90 usuarios do PIE, e espérase pechar o Plan alcanzando a porcentaxe do 85% de inserción. Para lograr tan óptimos resultados os técnicos do Plan Integrado de Emprego realizaron un arduo labor no que, entre outras iniciativas, foron prospeccionadas máis de 100 empresas e entidades.
Ademais, realizáronse un total de 43 accións formativas cualificadoras distintas, cunha media de participación de 12 persoas por curso.
O PIE MOS 3.0, finaliza o vindeiro día 31 de agosto. As diversas accións formativas, combinadas con prospección empresarial e orientación laboral, compoñen o proxecto presentado polo Concello de Mos e aprobado pola consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Actualmente, están a cursarse no seo do PIE dúas acción formativas: Creación de Apps (do 28/07/16 ao 18/08/16) e preparación da proba libre da ESO (15/10/15 ao 31/08/16)
O Plan Integrado de Emprego incluiu tamén numerosos convenios prácticas con empresa, mediante os que se lograron un total de 88 períodos de prácticas de usuarios do PIE nas empresas colaboradoras (un total de 22 asinaron convenios de colaboración co Concello de Mos).
Dos 90 usuarios/a ,61 persoas (67%) realizaron 1 ou máis períodos de prácticas en empresa. O 80 % das persoas que realizaron prácticas no PIE acabaron conseguindo unha contratación vinculada á realización de dictas prácticas.
Segundo PIE Mos 3.0
A consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu ao Concello de Mos un novo Plan de Emprego que se desenvolverá entre o vindeiro día 1 de setembro e o 31 de agosto do vindeiro ano 2017. Neste novo plan atenderase a 60 usuarios/as veciño/as de Mos e que sexan demandantes e emprego. O colectivo principal ao que vai dirixido é a xuventude, xa que 42 das 60 plazas deben cubrise con persoas menores de 30 anos. As persoas interesadas en participar no “II PIE Mos 3.0” deberán solicitalo na Oficina de Emprego de Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149