Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 01 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Verónica Tourón presenta ós provedores do concello un Plan Económico para resolver a débeda de Marcos Besada

O Grupo Municipal Socialista de Salceda de Caselas mantivo  unha reunión coas empresas acredoras do concello de Salceda para presentarlles un plan económico para dar solución aos 640.000 euros que lles debe o alcalde Marcos Besada, "quen contratou a estas empresas sen partida económica con reparos do interventor municipal e algunhas delas durante a campaña electoral de 2015".

 

A voceira socialista de Salceda de Caselas, Verónica Tourón presentou ós acredores unha solución á súa débeda, a través dun documento no que se recollen os compromisos que o Concello de Salceda debe aprobar para que se cumpra a legalidade e que esta situación non se volva a repetir. “Se este documento se aproba, mañá mesmo se poderán pagar as facturas. Só depende de que o alcalde acepte que esta situación non se pode repetir e adopte no pleno uns compromisos que non son máis que o cumprimento da legalidade”.

 

Segundo a portavoz socialista Verónica Tourón, estes compromisos axudarán a endereitar a actual situación económica do Concello e evitarán que os provedores volvan a atoparse nesta situación no futuro.

 

Na mesma reunión, tanto provedores como socialistas, acordaron que os empresarios solicitarían ao Alcalde que acceda a unha reunión onde estean presentes acredores e corporación, na procura dunha solución definitiva á cal están abertos os socialistas, xa que levan solicitando esta xuntanza dende o primeiro pleno deste asunto. Para isto, os socialistas presentan este documento aberto as modificacións e puntualizacións que nela se poidan acordar na xuntanza, aínda que sempre na liña de comezar a cumprir a lei por parte do goberno, pois o PSdeG non se vai mover da legalidade e vai esixir que se cumpra.

 

Os socialistas agardan que esta proposta xa presentada aos acredores, sexa aceptada polo alcalde para poder solucionar a situación e que os empresarios poidan cobrar. “Marcos Besada non debe ser un freo a que os acredores poidan cobrar. Só lle pedimos que respecte a legalidade, afirmou a tamén concelleira socialista Gela Ledo, e que non se volvan a gastar cantidades tan alarmantes como 640.000 € sen orzamento porque é unha irresponsabilidade e compromete as partidas do orzamento actual”.

 

“Temos que corrixir a errática deriva da Concellería de Economía e Facenda do Concello de Salceda, porque non podemos vernos nesta situación dentro dun ano e con novos provedores que non poidan cobrar”, afirma a voceira socialista.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.