PROVINCIA
A Presidenta da Deputación anima a todas as persoas a visitar a exposición “Meu Pontevedra”
Debido á alta demanda rexistrada a institución provincial amplía ata o 11 de setembro a visita á mostra que recolle o vínculo entre Castelao e Pontevedra.
![[Img #26551]](upload/img/periodico/img_26551.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acudiu esta semana a exposición “Meu Pontevedra” que permanecerá aberta ata o vindeiro 11 de setembro e poderá ser visitada no Sexto Edificio do Museo os martes e xoves ás 12:00 e os mércores, venres e sábado ás 18:00 horas. Na súa visita, a Presidenta convidou a todas as pontevedresas e pontevedreses, galegas e galegos e turistas de fóra de Galicia a que entren no Museo para descubrir facetas descoñecidas de Castelao.
Carmela Silva destacou que este ano 2016 “conmemoramos tres efemérides directamente relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de Os vellos non deben de namorarse, e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a Castelao”. Silva engadiu que “o Museo de Pontevedra, en cuxa fundación participou o propio Castelao, está sendo o centro deste gran recoñecemento, a través das exposicións Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo. 1905-1920, xa rematada, e da que aínda podemos visitar ata o 11 de setembro Meu Castelao”.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que “queríamos que este recoñecemento a Castelao, ademais de centralizarse no Museo de Pontevedra, puidese estenderse ós 62 concellos da provincia a través de actuacións relacionadas co amplo abano de disciplinas artísticas que o propio Castelao foi desenvolvendo ó longo da súa vida como son o teatro, a música, a banda deseñada ou a preservación do patrimonio”. Silva tamén engadiu que “estas actuacións, homenaxe a este gran persoeiro que tanto fixo por Galicia, queren servir tamén para visualizar o que hoxe está a acontecer no mundo da cultura galega”.
Entre as actividades desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra nos concellos, no marco do Ano Castelao, destacan a exposición “Escenarios da Preshistoria para visitar”, “Luis Davila. A retranca dun país”, “De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego”, “Bandas de Pontevedra. Homeanxe ás bandas da provincia”, o ciclo de contacontos “Contando cousas e cousiñas”, un ciclo de música que achegará ós cantautores galegos ós concellos, obradoiros infantís e unha programación de 92 representacións teatrais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101