Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 07 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Ethel Vázquez destaca que un terzo das obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plisan xa están executadas

Vázquez Mourelle indica que un total de 60 persoas e 35 máquinas están a traballar para que a plataforma loxística estea operativa no vindeiro ano coa fin de que as empresas poidan comezar a instalarse.

[Img #26553]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou esta semana as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais da plataforma loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), onde salientou que un terzo destes traballos, cun orzamento de 13,5 millóns de euros, xa está executado, polo que finalizarán no vindeiro mes de abril, o que permitirá que as empresas poidan comezar a instalarse en 2017.

 

A esta visita tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

 

Vázquez Mourelle indicou que un terzo das actuacións nesta primeira fase están xa executadas e paralelamente estase a traballar para poder licitar, a finais deste ano, os primeiros terreos a urbanizar para que as empresas que así o desexen poidan comezar a instalarse no próximo exercicio.

 

 

 

 

Nestes momentos xa está realizado todo o movemento de terras; executáronse os servizos principais ao longo de toda a traza; e estase avanzando nas capas inferiores dos firmes

 

 

 

 

Estas obras dos sistemas xerais comprenden a construción e pavimentación do viario e inclúen o alumeado e as conducións necesarias para os sistemas de abastecemento, saneamento, electricidade, gas e telecomunicacións. Son traballos que deixarán habilitados 700.000 m² da zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da PLISAN.

 

Nestes momentos están traballando na zona arredor de 60 persoas e 35 máquinas e xa está realizado todo o movemento de terras; executáronse os servizos principais ao longo de toda a traza (pluviais, media tensión, telecomunicacións...); e agora estase traballando nas capas inferiores dos firmes.

 

A conselleira salientou que nos próximos días vaise iniciar a construción da glorieta de conexión da PLISAN coa estrada que une Salvaterra-As Neves, a PO-400; e tamén de maneira inmediata, neste mes de agosto, procederase á instalación superficial do alumeado e de gas natural.

 

Vázquez concluíu que desde as tres administracións implicadas estase a traballar intensamente para darlle un pulo á PLISAN, avanzando nas obras para darlle a opción, aos empresarios que queiran instalarase aquí, de acceder ao solo baixo a fórmula de dereito de superficie e ofrecéndolle condicións moi vantaxosas para acceder ás parcelas, xa que os primeiros 100.000 m² se porán á venda a un prezo de 50 €/m².

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.