Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 03 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra colaborará con Empresarias de Galicia co fin de visibilizar o papel da muller na empresa

A asociación Empresarias de Galicia, nada este mesmo ano, optará ás axudas da área de Igualdade da Deputación de Pontevedra do ano 2017.

[Img #26559]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo unha reunión de traballo coa asociación de Empresarias de Galicia, coa fin de establecer liñas de colaboración para "visibilizar a situación da muller no ámbito profesional da empresa", tal e como subliñou a Presidenta provincial.

 

Silva destacou o importante papel da asociación "para poñer en valor o papel das mulleres no campo empresarial, do emprendemento, das pemes, co fin de que a sociedade tome conciencia de cantas mulleres están a impulsar proxectos que xeran actividade económica e emprego".Neste eido, a presidenta da Deputación manifestou que "no noso país a porcentaxe maioritaria de persoas emprendedoras correspóndese con mulleres".

 

A asociación de Empresarias de Galicia ten por finalidade converterse na canle de participación para o deseño de políticas de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e discriminación, así como impulsar redes de apoio que permitan que as mulleres continúen medrando persoal e profesionalmente.

 

Dado que a asociación naceu no ano 2016, a presidenta da Deputación adiantou que o vindeiro ano Empresarias de Galicia poderá optar ás axudas que desde a área de Igualdade da institución provincial se están a impulsar, "porque queremos que a Deputación de Pontevedra se converta nunha institución referente ó lado das mulleres, visibilizando o seu papel na sociedade".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.