Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 06 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta propón a Vigo 260.000 euros para mellora do servizo municipal de autobús a Peinador

Salienta que a Xunta está a traballar con intensidade para ofrecerlles aos veciños de Vigo o mellor servizo de bus ao aeroporto, para que lle sexa máis doado chegar a Peinador empregando o transporte público.

[Img #26588]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, salientou esta semana nunha rolda de prensa que a Xunta remitiulle ao Concello de Vigo unha proposta de convenio de colaboración para financiar con 260.000 euros ao ano a mellora do servizo municipal de autobús a Peinador.

 

O texto remitido ao rexedor da cidade olívica senta as bases de colaboración entre as dúas administracións - Xunta e Concello de Vigo - para mellorar a conectividade do aeroporto de Peinador, mediante o establecemento dunha nova conexión entre a terminal e os principais modos de comunicación da cidade.  

 

 

 

 

Sinala que a Xunta promocionará este servizo no marco do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, facilitando máis e mellor información aos cidadáns e impulsando un billete directo entre os diferentes modos de transporte

 

 

 

 

Cómpre lembrar que se trata dunha liña de titularidade municipal e en consecuencia é responsabilidade do Concello de Vigo. Só as liñas de autobús aos aeroportos de Lavacolla, en Santiago, e de Alvedro, na Coruña, son de titularidade autonómica – pero a Xunta sempre manifestou a súa disposición a cooperar co Concello de Vigo para mellorar este servizo.

 

A titular de Infraestruturas indicou que aínda que esta é unha liña de competencia municipal, a Xunta financiará o servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo. Precisou que será a única ruta municipal financiada polo Goberno galego, pero a vontade de ofrecer solucións de calidade aos vigueses e aos usuarios do aeroporto está por riba de todo.

 

Ethel Vázquez subliñou que dende o Executivo autonómico promocionarase este servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo no marco do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. Neste sentido, concretou que se facilitará máis e mellor información aos cidadáns sobre a nova liña a Peinador e impulsarase o establecemento dun billete directo entre os diferentes modos de transporte que facilite o traslado desde distintas localidades de Galicia, coa adquisición dun único billete de transporte.

 

Obxectivos
A conselleira explicou que hai uns obxectivos que son imprescindibles para lograr que o servizo de autobús ao aeroporto sexa do interese dos usuarios: ofrecer frecuencias e horarios axeitados; que os tempos de percorrido sexan atractivos; que os autobuses estean adaptados ás necesidades dos usuarios; e que a liña conecte entre si a estación de autobuses, marítima e as dúas de ferrocarril.

 

A Xunta proponlle ao Concello que incremente a oferta de transporte público ao aeroporto, implantando unha nova liña que garanta a intermodalidade e dea conexión aos principais centros de transporte de Vigo. Trátase dun servizo que debe ser deseñado polo propio Concello e no que cumpra determinadas características que garantan a calidade: a amplitude de horarios para dar servizo ao maior número de voos; e a conexión intermodal, unindo Peinador cos principais nós de transporte (as estacións de ferrocarril Vigo-Urzáiz e Vigo-Guixar, a Estación Marítima e a Estación de Autobuses), pero que tamén os conecte entre si.

 

 

 

 

Dende o Goberno galego tamén destacan como obxectivo primordial un mínimo de 18 expedicións diarias con orixe e destino na terminal aeroportuaria, todos os días da semana, dando servizo aos voos comerciais

 

 

 

 

Dende o Goberno galego tamén destacan como obxectivo primordial que se deberán realizar un mínimo de 18 expedicións diarias con orixe e destino na terminal aeroportuaria, todos os días da semana, dando servizo á totalidade dos voos comerciais; e o servizo prestarase cun autobús adaptado ao transporte de persoas con mobilidade reducida e con dispoñibilidade de maleteiro interior, para atender as necesidades dos viaxeiros.  

 

Diálogo e cooperación
Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta está a traballar con intensidade para ofrecerlles aos veciños de Vigo o mellor servizo de bus ao aeroporto, para que lle sexa máis doado chegar a Peinador empregando o transporte público.

 

A responsable de Infraestruturas destacou que o entendemento, o diálogo e a cooperación forman o camiño acaído para dar resposta ás necesidades das persoas. Lembrou que no marco desta cooperación impulsada polo Goberno galego, e sempre a solicitude da Xunta, celebráronse diversas xuntanzas, entre representantes da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta e da Área de Transportes do Concello de Vigo, para abordar e analizar as diferentes propostas.  

 

A Xunta, unha vez recibida a documentación solicitada á Administración local, plantexou a celebración dun novo encontro de traballo para axilizar a toma de decisións e pechar definitivamente a colaboración, unha reunión que dende o Concello non viron conveniente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.