MOS
Urbanismo concedeu preto de 200 licenzas no que vai de ano
Cifra que representa un 14% máis que o mesmo período de 2015.
![[Img #26601]](upload/img/periodico/img_26601.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, fixeron esta semana públicos os últimos datos de produtividade do departamento municipal de Urbanismo, cun crecemento ascendente que se demostra coa comparativa do número de licenzas concedidas entre o pasado ano e o actual 2016, nos períodos comprendidos entre os meses de xaneiro e xullo.
En canto ó número de licenzas de obra maior concedidas en Mos de xaneiro a xullo de 2015, foron un total de 21, fronte ás 30 concedidas no mesmo período deste ano. Respecto das licenzas de primeira ocupación foron 6 en 2015 e 10 en 2016. O número de licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable foron 42 en 2015 e 64 en 2016.
E o cómputo resumo total de licenzas incluíndo comunicación previa e declaración responsable, obra maior, primeira ocupación, actividade, fóra de ordenación, obras menores, taxis e vados; é tamén superior no período de xaneiro a xullo de 2016 respecto ó mesmo período de 2015: en 2015 o total ascendeu a 170 e este ano ascende a 194, que representa un incremento do 14%.
A única cifra que descendeu de xaneiro a xullo de 2016 foi a de licenzas de obras menores, que pasaron de 99 en 2015 a 87 este ano. Dato que seguramente sexa debido a que moitas das licenzas deste tipo de obras agora tramítanse por comunicación previa, polo que pasan a computar noutro apartado. O sistema de comunicación previa axiliza moito os trámites da concesión de licenzas, feito que destacan as representantes municipais. Respecto destas cifras, as representates municipais declararon sentirse orgullosas.
O funcionamento do departamento municipal de Urbanismo, coa implantación do procedemento de comunicación revia, logrou axilizar trámites e facilitarlles os procedementos a particulares e empresas.
Neste sentido a rexedora local destacou que “o de Urbanismo é un dos departamentos municipais dos que mellor funcionan e de maior importancia para este goberno local”.
Ademais en Urbanismo contan dende principios do ano 2011 cun novo sistema de xestión de expedientes urbanísticos, denominado Cividas, cuxo obxectivo principal é lograr optimizar e axilizar a tramitación dos expedientes co fin de reducir os prazos na obtención de licenzas por parte de particulares. Neste sentido pretendeuse incrementar a satisfacción co servizo prestado entre os veciños de Mos e demais usuarios do departamento municipal de Urbanismo.
Todos estes avances acadáronse gracias ó persoal traballador deste departamento municipal, segundo declararon as representantes municipais; quen á súa vez aseguran que “o departamento de Urbanismo está integrado unha plantilla estable dende que en 2009, cando cegamos ó goberno de Mos, comezamos a cubrir as prazas vacantes”.
Aseguran as representantes municipais que cando chegaron ó goberno en 2009 o de Urbanismo era un departamento caótico e deficitario, tanto en medios como en persoas. “Era ademais un departamento estanco no que tan só se tramitaban uns poucos expedientes que, a súa vez, demorábanse anos en ser resoltos”, explicaron. E, facendo un repaso histórico ata chegar a esta plantilla estable actual, Julia Loureiro explicou que no ano 2009 cubríronse as prazas de arquitecto e enxeñeiro industrial municipais. Ata ese momento tan só existían en Mos as figuras do arquitecto técnico (aparelladora) e un auxiliar administrativo, mentres que o resto de arquitectos, xurídicos e administrativos eran persoal con contratos temporais que ían cambiando con moitísima frecuencia, con todos os inconvintes que esa temporalidade conleva.
Xa en 2010 reforzouse o departamento con outra auxiliar administrativa e un administrativo de disciplina urbanística. E por último, en 2011, cubríronse as prazas dun segundo arquitecto e dun xurídico administrativo; de xeito que actualmente a plantilla de Urbanimo atópase totalmente consolidada e integrada por 8 persoas fixas.
En resumo, tanto Arévalo como Loureiro, coincidiron en destacar hoxe o inmellorable traballo diario realizado por este departamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149