MOS
As Mañás de Verán de Mos crecen en popularidade grazas a unha fórmula que aúna á perfección diversión e aprendizaxe
A porcentaxe de participación creceu un 32% cando aínda non está pechada a inscrición na cuarta e última quenda.
![[Img #26616]](upload/img/periodico/img_26616.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou recentemente na área recreativa da Pesqueira ós nenos e nenas mosenses participantes nas Mañás de Verán que realizaron unha saída ó Sendeiro Ecolóxico do Rí Louro. Arévalo, rexedora local mosense, disfrutou dos xogos grupais xunto cos cativos, mesmo participando con eles nalgún.
A iniciativa Mañás de Verán é unha das máis exitosas das promovidas pola concellería de Educación e Participación Cidadá, así como unha das que máis poder de convocatoria ten. E é que este ano pasarán polas Escolas de Verán mosenses máis de 120 cativos de 3 a 12 anos escolarizados e residentes en Mos. (Este ano serán un total de 121 pequenos fronte ós 91 do pasado 2015. Son 30 participantes máis este ano, que representan unha porcentaxe do 32% máis de participación).
Na 1ª quenda participaron 49 nenos/as, na 2ª quenda 28 nenos/as, na 3ª e actual quenda 21 nenos/as e polo de agora na 4º e última quenda xa están inscritos 23 nenos/as. (Os mesmos datos no verán do ano pasado foron: 1ª quenda 30 nenos/as, 2ª quenda 32 nenos/as, 3ª quenda 13 nenos/as e 4º quenda 16 nenos/as).
O motivo do éxito de afluencia é, segundo a alcaldesa “que se trata dunha alternativa de calidade para conciliar a vida familiar e laboral durante a tempada estival, que aporta tranquilidade ós pais e ocio, diversión e aprendizaxe ós pequenos; ademais de contar coa subvención municipal que fai moi asequibles a tódolos bolsillos os prezos por neno e quenda (o prezo por quenda e neno é de 40 euros)”, explicou hoxe.
O campamento estival de verán de Mos caracterízase por aproveitar ó máximo ós recursos naturais e ó aire libre existentes no municipio e arredores, combinando os aspectos de fomento de hábitos saudables de actividade física ó aire libre con outros máis didácticos e educativos. Deste xeito, ademais de ter como centro base de actividades o CEIP Mestre Martínez Alonso, ou Colexio Castro-Mos, dende as Mañás de Verán, realízanse cos nenos participantes, habituales e abundantes saídas e excursións dentro do termo municipal (Parque de Auga de Sanguiñeda, Sendeiro Ecolóxico do Río Louro, Pazo de Mos, Piscina de San Eleuterio) e fóra do mesmo (visita ás instalación hípicas La Muralla de Redondela, marisqueo e visita á Lonxa de Cesantes, e visita ó Museo do Mar de Alcabre-Vigo).
Por todo isto o campamento infantil estival Mañás de Verán cada ano se fai máis popular.
A iniciativa prolóngase durante os meses de xullo e agosto en horario matinal de 9.00 horas a 14.00 horas, e distribúese en 4 quendas que son: 1ª quenda do 1 ao 15 de xullo (ambos inclusive), 2ª quenda do 18 ao 29 de xullo (ambos inclusive), 3ª quenda, na que nos atopamos, do 1 agosto ao 16 de agosto (ambos inclusive) e 4ª quenda do 17 ao 31 de agosto (ambos inclusive).
Esta experiencia está pensada para que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivan novas e enriquecedoras experiencias.
Como en anos anteriores, na presente edición bríndanse actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as.
Con esta iniciativa, ofrécese de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os pais e nais do Concello de Mos, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas.
Outros dos obxectivos deste campamento estival son favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do entorno máis próximo e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149