Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 10 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Concello de Ponteareas convoca a segunda edición do Certame de Fotografía

O concurso baixo o título Ponteareas no obxectivo ten coma finalidade involucrar á veciñanza no coñecemento do entorno para dar a coñecer as diferentes realidades da vila.

“Coido que unha iniciativa moi atractiva porque promovemos o coñecemento do noso fermoso entorno, por unha banda, e por outra, é ao mesmo tempo, os participantes inmortalizan coas súas cámaras momentos e lugares da vila”, explica a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.


Os participantes no certame deberán facer fotografías relacionadas con Ponteareas con diferentes temas: a xente, a paisaxe, os lugares, os monumentos, o urbanismo, os eventos, festas e romarías ou as labores tradicionais, por exemplo. As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos.

 

Poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.

 

 

 

 

É aberto e poderán participar nivel individual ou colectivo persoas maiores de 15 anos ata o 15 de setembro de 2016

 

 

 

 

Poderán entregar un máximo de 3 fotografías nun tamaño mínimo de 18 x 24 e máximo de 40 x 50 impresas en papel fotográfico na Biblioteca Municipal de Ponteareas, sita na rúa da Perillana 9-11.


As demais condicións do certame poderán ser consultadas na páxina web do Concello ou no departamento de Cultura, sito na Biblioteca Municipal da rúa da Perillana 9-11.


O prazo de admisión de orixinais manterase aberto desde o día seguinte da data de publicación destas bases ata o 15 de setembro de 2016.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.