Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 09 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Os camiños de Carballo do Monte e Cabo da Vella en Guizán melloraranse coa axuda de Medio Rural

O Concello de Mos e a consellería asinaron un convenio de colaboración polo que a administración autonómica financiará as obras necesarias.

[Img #26615]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou  de que o Concello mosense ven de asinar un convenio de colaboración coa consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural que beneficiarán a dous camiños da parroquia de Guizán.

 

Trátanse de actuacións no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para as que a Xunta de Galicia achegaralle á administración local mosense preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente).

 

Arévalo, rexedora local mosense, apuntou que “dita axuda aplícase con cargo ó Plan de Emerxencias da consellería do Medio Rural para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais; e grazas a este fondos aportados pola Xunta, poderanse pavimentar, afirmar e mellorar ambos viais”.

 

Os traballos nestes dous viais realizaranse en base a proxectos que promovan a dinamización da base produtiva do medio rural desta zona, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside na parroquia de Guizán e contribuíndo a fixar a poboación nela.

 

As obras a realizar nos camiños de Carballo do Monte e Cabo da Vella irán destinadas a optimizar o servizo público dos mesmos, que redundará na mellora do tránsito rodado por estes viais e o incremento da seguridade viaria tanto para condutores coma para peóns.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.