PROVINCIA
O Plan Concellos 2016 achega 130.000 € a Mos para actuacións no pavillón Óscar Pereiro
O grao de concesión do plan provincial en Mos sitúase no 89,7%, cuns investimentos ata agora de 797.114,43€.
![[Img #26663]](upload/img/periodico/img_26663.jpg)
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de
130.904,73 € para o concello de Mos, que se destinará a actuacións de mantemento de reparacións das instalacións deportivasdo pavillón municipal e Óscar Pereiro. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016.
Esta partida vén sumarse a outras xa aprobadas para Mos dentro da liña 1, por un importe total de 318.846,41 €, para a construción dun novo muro de pedra para a contención dun talude e para a humanización do Camiño das Pozas. Así mesmo, dentro da liña 2 tamén se aprobaron 121.297,78 € para a limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños.
Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 33.304,29 € para a promoción de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, a actividade “Mos Familiar”, a formación inicial en intervención social e voluntariado, a Festa da Rosa, a Cabalgata de Reis e o Entroido. Na liña 4 -decidada ao emprego- foron destinados 192.761,22 € para a contratación de 20 traballadores e traballadoras que desenvolven diversas tarefas municipais.
No que levamos de 2016, o Goberno provincial leva concedido o 89,7% do total destinado para Mos no Plan Concellos 2016, cuns investimentos totais ata agora de 797.114,43€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149