NIGRÁN
Un total de 19 divertidas embarcacións protagonizaron o "Flota como Poidas"
A cuarta edición da concentración de artefactos flotantes reuníu a centos de espectadores o domingo no entorno da ponte de A Ramallosa.
![[Img #26655]](upload/img/periodico/img_26655.jpg)
Un total de 19 divertidas embarcacións e 70 intrépidos navegantes protagonizaron onte a cuarta edición do "Flota como Poidas" organizado dende o Concello de Nigrán na desembocadura do río Miñor. Un ano máis, centos de espectadores se deron cita no entorno da ponte de A Ramallosa para presenciar a "regata", que partiu dunha das ramplas de aceso ás 19.00 horas e que tivo unha duración de preto de hora e media. Nesta edición, o premio para o artefacto máis currado foi para “Agua Fiestas”, a tripulación máis simpática foi a de “Villa Chochete” (a vela estaba feita a base de tangas ), o premio á familia máis intrépida e participativa foi para “Viveiro”, “Flotaolímpicos” foi o artefacto máis cutre (feito a base de flotadores), e ”Piratas del Casino” levouse o premio Titanic tras afundir en plena competición. O participante de máis idade foi Bonifasto, nado en 1956, do artefacto “Vivero”; e o de menos idade Leo, un dos integrantes de “Os Granxeiros” nado en 2012. "Casamos" (un matrimonio composto por unha noiva e un paiaso) foi o primeiro en completar o percorrido circular pola marisma.
Un ano máis, un público familiar de tódalas idades participou neste evento no que reina a imaxinación. Entre as embarcacións e tripulantes houbo de todo: gondoleiros, naufragos nunha illa, astronautas a bordo dun foguete, familia nun chiringo de praia...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184