MOS
Mos ultima o proxecto construtivo de mellora do Polígono do Rebullón para poder optar a unha axuda autonómica coa que financiar a primeira fase
Esta primeira fase, e máis urxente, consistirá na acometida da rede de saneamento.
![[Img #26707]](upload/img/periodico/img_26707.jpg)
O xefe territorial de Pontevedra da consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o arquitecto municipal reuníronseesta semana no salón de sesións do Concello con representantes de AEMOS, Asociación de Empresarios, e de varias empresas do Polígono do Rebullón, na que foi a súa segunda xuntanza para abordar a solución ás deficiencias existentes no polígono.
En dita reunión o arquitecto municipal presentou o proxecto construtivo, elaborado polo Concello, e que se atopa prácticamente rematado, tan só á espera de recibir as especificacións técnicas xa solicitadas ás compañías subministradoras de electricidade e telefonía, e que son necesarias para finiquitar dito proxecto.
Este proxecto será sobre o que se sustentará a solicitude municipal de subvención á consellería de Economía, Emprego e Industria; xa que o Concello de Mos pretende optar a unha liña de axudas de cara a principios do próximo ano 2017, que outorga un máximo de 150.000 euros por municipio e obra, contía coa que se acometería a primeira fase parcial, e máis urxente, das necesidades do Polígono do Rebullón, consistente na instalación da rede de saneamento de augas fecais.
Pero ademais desta parte máis urxente que representa o saneamento, o proxecto contrutivo redactado polo arquitecto municipal inclúe un informe valorado do resto de necesidades do polígono que se centran fundamentalmente na canalización e xestión de augas pluviais e mellora do vial central, incluíndo a maiores a acometida dunha rede de hidrantes para a extinción de incendios e o soterramento do tendido eléctrico.
A mellora do vial central debería contemplar todo tipo de traballos de humanización como mellora do firme, acometida de beirrarúas e aparcadoiros, delimitación de vados, optimización do alumeado público, etc.
O custe total dos traballos podería superar os 480.000 euros sen incluír os labores de soterramento do cableado eléctrico, tratándose, polo tanto, dun proxecto moi ambicioso.
As prioridades nesta área industrial son, en primeiro lugar, a canalización e xestión de pluviais e fecais xa que hai un muro con perigo de derrumbe por este motivo e, en segundo lugar, o proxecto de ordenación vial.
Así mesmo a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou a “necesidade de revalorizar esta zona industrial, estratéxica pola súa ubicación, pero que precisa dunha mellora estructural importante e vital para a subsistencia do polígono”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149