Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 11 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra acolle a presentación do trofeo Luís Otero, que terá lugar o vindeiro sábado

A deputada de Deportes, Chelo Besada, espera que o Pontevedra volva a gañar esta competición.

[Img #26708]

 

A deputada de Deportes da institución provincial, Chelo Besada, xunto coa Presidenta do Pontevedra C.F., Lupe Murillo, presentaron a 57 edición do trofeo Luís Otero que terá lugar o vindeiro sábado, 13 de agosto, ás 20:00 h. no campo de fútbol de Pasarón.

 

Chelo Besada comezou a súa intervención desculpando presenza da Presidenta da Deputación, “xa que tivo que modificar a súa axenda debido ós incendios que están a afectar a varios concellos da provincia de Pontevedra”. A continuación, a deputada de Deportes destacou a importancia deste trofeo, “que se xoga sempre no verán, en pretemporada e que enfrontará ó Pontevedra co Lugo, ó igual que o ano pasado”, e manifestou o seu desexo “para que, ó igual que no 2015, este ano o trofeo quede en casa outra vez”.

 

Pola súa banda a Presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, agradeceu o apoio da Deputación e incidiu na importancia que este trofeo ten para a cidade de Pontevedra.

 

A Deputación de Pontevedra destinou este ano 160.000 € ó Pontevedra CF para a presente tempada, unha contía que a deputada de Deportes asegurou que se intentará manter cara a vindeira temporada, “xa que para o novo goberno da Deputación o deporte é un área prioritaria, que se ven manifestando no incremento dun 9% do orzamento nesta materia con respecto ó ano anterior”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.