Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 12 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra celebra celebra o Día Internacional da Xuventude

A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que “por vez primeira a institución provincial conta cun servizo específico de xuventude”.

[Img #26752]

 

Cada ano, nun día como hoxe, 12 de agosto, a ONU celebra o Día Internacional da Xuventude. A Deputación de Pontevedra, tal e como asegurou esta mañá a súa Presidenta, Carmela Silva, “súmase por vez primeira a esta iniciativa para promover unha xuventude participativa, comprometida coa sociedade e co benestar colectivo, coa educación, co emprego, coa saúde e co medio ambiente”.


Silva subliñou que “a diferenza do que acontecía co anterior goberno, que non tiña en conta á xuventude, este novo goberno da Deputación ten un servizo específico de xuventude, ó que destinamos 4,1 millóns de € no 2016, porque consideramos prioritario centrarnos nas mozas e mozos da nosa provincia, en atender as súas necesidades, en intentar que teñan un futuro mellor”.


A Presidenta da Deputación manifestou tamén a necesidade de “darlle visibilidade á xuventude, e por iso celebramos hoxe este día cunha campaña que ten por obxectivo fomentar a participación das mozas e mozos da provincia a través da realización de selfies e fotografías, con fondos e marcos específicos creados para a ocasión, que se van a divulgar en redes sociais”. En concreto, máis de 150 mozas e mozos participantes nas actividades de DepoRúarte da Deputación xa están a subir as imaxes cos hashtag #diadaxuventude, #deporuarte e #depoaventura.


Carmela Silva recordou ademais os programas que a institución provincial está a levar a cabo desde as áreas de xuventude e emprego centrados nas mozas e mozos da provincia. Así, a Presidenta provincial falou do programa DepoRúarte, que está a configurar en 52 concellos de menos de 50.000 habitantes  espazos de lecer alternativos e innovadores para a xuventude, con actividades educativas saudables e modernas; En Ruta coa Depo, que ten o prazo aberto ata o 22 de agosto para que as asociacións xuvenís da provincia poidan solicitar algunha das 23 rutas do programa que inclúen, entre outras cousas, surf, kaiak, visitas guiadas pola Ría de Vigo, O Morrazo ou O Grove; Depoaventura A Lanzada, no que están a participar 2.200 mozas e mozos; DepoAndainas, un programa de sendeirismo que pretende poñer en valor o territorio da provincia ó temo que fomenta hábitos de vida saudables; os cursos de inglés para a xuventude, que comezaron no mes de xuño e se seguen a celebrar e o Plan Estratéxico de Xuventude para a provincia de Pontevedra.


Ademais, a Deputación de Pontevedra está a impulsar medidas para promoven o emprego e a inserción laboral como o Practicum Depo ou Erasmus +; o Plan de Práctica Laboral en concellos, Deputación e empresas privadas; as bolsas de emprego nas oficinas de turismo; as bolsas para mestras e mestres composteiras e composteiros; a bolsa de emprego 2016; os espazos de coworking nos viveiros de Barro Meis e Lalín; o proxecto SmartPeme ou o programa DepoEmprende que se presentou esta mesma semana.


A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén recordou liñas de actuación encamiñadas a promover ás novas creadoras e creadores, como o certame Novos Valores, ou ofertas culturais e musicais destinadas á xuventude, como os Festivais Rías Baixas ou os festivais cinematográficos que teñen lugar na provincia de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.