GALICIA
Dende aCIG aseguran que "o País está farto de arder ano tras ano"
![[Img #26766]](upload/img/periodico/img_26766.jpg)
"Semella recorrente. Poderíamos transcribir comunicados de ano en ano. Mais a realidade é que Galiza volve arder sen tregua e sen que podamos relacionar incendios con condicións metereolóxicas" explican dende a CIG.
"O certo é que tempada a tempada padecemos miles de lumes que arrasan miles de hectáreas, que destrúen o noso patrimonio, que hipotecan o futuro do noso monte e do noso rural, que poñen en perigo vidas humanas e as vivendas da veciñanza, en fin...que van matando ao noso País".
Resposta dos poderes políticos.
Para a CIG a resporta dos, poderes políticos é "aplicar as medidas que xa se teñen demostrado inoperantes no pasado, e afondar na estratexia de converter Galiza nun deserto sen futuro, aseguran que
as medidas do Partido Popular nos últimos anos pararon por unha estratexia política da Xunta de Galiza na que aprobou, co único apoio do PP, e contando coa opinión contraria dos sectores afectados, unha Lei de Montes que céntrase unicamente na visión produtivista, e mesmo especulativa, dos nosos montes, fomentando o aproveitamento madeireiro en prexuízo doutros usos; facilita a forestación de terras agrarias, o que significa reducir a superficie agraria útil e multiplicar as especies invasoras de crecemento rápido que reporten beneficios a curto prazo e desvirtúa absolutamente a anterior lexislación en materia de incendios, abandonando os traballos de limpeza, minimizando as distancias de seguridade, ou fomentando a produción forestal de cultivos enerxéticos".
Para a CIG, "seguindo na mesma estratexia, ten en marcha a aprobación dun Plano Forestal de Galiza que aposta decididamente polos cultivos enerxéticos, pola produción masiva de especies invasoras de rápido crecemento e pola desaparición do uso agrícola das nosas terras. Proba palpábel disto é a prórroga de 60 anos concedida a ENCE co goberno en funcións. En definitiva, producir para queimar".
Segundo o sindicato galego "os medios para desenvolver a estratexia: Trazada a folla de ruta, hai que adecuar a política de prevención e extinción de incendios á mesma. É por iso que deciden volver á xa anteriormente fracasada política de Fraga de descentralizar a loita contra o lume, e volven apostar por diluír os efectivos en Concellos, empresas públicas e privadas e na propia Administración galega".
Así, dende a CIG aseguran que " temos empresas públicas como TRAGSA ou SEAGA; privadas como NATUTECNIA; brigadas e motobombas municipais; e o SPDCIF de Medio Rural; ademais doutros grupos de intervención como Bombeiros dos Consorcios provinciais e municipais, Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), as BRIF; e non digamos xa cando acode a seica todopoderosa UME".
Engaden que "as repercusións no ámbito profesional: Máis alá das reivindicacións sectoriais de cada colectivo, non cabe a menor dúbida que este modelo afonda na precarización do emprego no sector, abandona á súa sorte a centos de persoas con moitas veces escasa formación específica e non respecta a normativa en materia de prevención de riscos laborais".
Para o sindicato "atrás quedan aquelas vomitivas escenas dun Alberto Núñez Feijoo en zapato baixo e termando dunha mangueiriña de regar os tomates, para denunciar a inactividade do goberno daquela ante o lume. Pasaron dez anos daquela funesta estampa e seguimos na mesma...mais con milleiros de hectáreas máis queimadas, casas ardidas, cultivos desfeitos, e varios mortos e feridos polo lume. Si, polo lume, e pola falla de medidas de seguridade para as brigadas".
As alternativas
As alternativas que propón a CIG pasan por "unha Política Medioambiental que suprima calquera axuda á silvicultura e á forestación con especies pirófitas, direcionando os fondos públicos cara o fomento das especies autóctonas, o abandono do eucalipto e os modelos de aproveitamento multifuncional e sustentábel: Reducir a superficie ocupada polo Eucaliptus globulus e prohibir a forestación con Eucaliptus nitens e outras especies invasoras en todo o territorio galego; Prohibir o cultivo de especies alóctonas nos espazos protexidos abandonando a pretensión de “xestionar activamente” os bosque de ribeira e as etapas maduras de sucesións ecolóxicas; Impedir os cultivos enerxéticos e o aproveitamento da biomasa forestal residual exclusivamente con fins enerxéticas, priorizando o uso da biomasa para restituir a materia orgánica e os nutrientes ao solo, así como a compostaxe; Adaptar a actividade forestal ao cambio climático, tendo en conta as situacións de risco (lumes, erosión, perda de capacidade de retención e de fertilidade, etc.) nos nosos montes e propoñer alternativas para evitar a degradación e a perda de solo fértil nos montes. Reverter este proceso é imprescindíbel para garantir a existencia dos propios sistemas forestais, a conservación dos ecosistemas e a produción de recursos no futuro"
O sindicato aposta pola modificación da Lei de Montes de Galiza actualmente vixente, nos termos resumidos anteriormente: a retirada do Parlamento de Galego das directrices para a revisión do Plano Forestal de Galiza, e a elaboración de outras contando coa participación de todas as entidades que viven, traballan ou xestionan o medio rural e a loita pola prevención e contra os incendios forestais :Establecer un único operativo e mando de carácter público, tanto para a prevención como para a loita de extinción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180