Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 13 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O público disfruta da segunda xornada do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’

Asistiu ó evento musical celebrado no contorno do Pazo de Mos o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo.

[Img #26769]

 

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ recibiu hoxe na segunda xornada da súa segunda edición, a visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación  Universitaria, Román Rodríguez, que estivo acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


Hoxe, sábado día 13 de agosto, a partir das 17:00 horas, realizouse unha concentración de coches Seat 600, dende as 20.00 horas tivo lugar o Festival BailaMos, e xa ás 22.00 horas chegaron os concertos a cargo dos Gaiteiros da Ruada C.C. de Torroso, Teixadura e Akelarre Agrocelta.


 ‘O Son do Pazo’ acolleu este ano o festival de música e danza tradicionais BailaMos. Na presente edición participaron un total de 7 grupos.


O Festival BailaMos naceu no ano 2012 da man da concellería de Cultura do Concello de Mos como unha xuntanza de grupos de música e baile tradicional do municipio mosense, co obxectivo de facer un intercambio cultural que resulte beneficioso e satisfactorio para todos/as os/as participantes.


O contorno do Pazo de Mos acolleu este ano, con motivo da celebración da II Edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, o Certame Municipal de Música e Danza Tradicionais BailaMos.

 

 


O Festival BailaMos contou este ano coas actuacións de:

 

  • Grupo de baile Ruada de Torroso
  • Grupo Folclórico Arume
  • As Zaragateiras de As Pedriñas
  • Agrupación Cultural A Cividade
  • Grupo de Baile do Círculo Cultural Abrente
  • Grupo de Baile Galego Santa Eulalia
  • Grupo de Baile Galego Celado de Cela

 

 

Estes sete grupos participantes actuaron neste encontro altamente enriquecedor tanto para eles como para todo o público asistente, xa que con actividades coma esta contribúese á conservación da música e do baile tradicionais galegos, fomentando tanto o seu estudo e práctica, coma o interese neles por parte da poboación da nosa localidade.

 

[Img #26773]

En total actuaron preto de 200 bailaríns e músicos, entre os que se atopaban os máis pequenos, os cativos de cada unha das agrupacións folclóricas mosenses participantes, que soen ser, ano tras ano, a sensación do certame.


Por outra banda onte, venres 12 de agosto, a partir das 22:00 horas, realizouse a apertura do Festival ‘O Son do Pazo’ coa Banda de Gaitas Airiños do Castelo, seguida dos grupos Malvela e Tiruleque.


O Festival Intercéltico  ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se realiza en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos. Esta é a segunda edición, para a cal contouse con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.


Este evento esta organizado polo  Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos.


Respecto do mesmo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles encarecidamente hoxe a todos os que o fan posible, os seus traballo e colaboración “tanto á entidade organizadora Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, como a colaboración da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e do seu conselleiro Román Rodríguez”, dixo.


Obxectivo do Festival
A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar  da música de grupos da cultura Celta.


Os asistentes a este Festival contaron cun lugar para poder realizar acampada libre e así  poder disfrutar dos dous días de concertos. A acampada, totalmente gratuíta, puido facerse no Pavillón Patricia Martínez, xunto ao Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos. Tamén estiveron abertas ao público sendas exposicións de coiro e instrumentos tradicionais durante os dous días do Festival.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.