GALICIA
CCOO dí sobre os incendios que "o previsible se pretende vender como excepcional"
"Desde CCOO e outras organizacións sindicais e sociais xa viñamos advertindo que unha vaga de lumes podería asolar novamente Galicia. Lamentablemente non se tomaron en conta as ensinanzas da vaga de lumes do ano 2006, nin no seu momento polo goberno bipartito, nin por suposto polo actual goberno do PP", explicand ende o sindicato galego.
CCOO asegura que nestes últimos 7 anos constatou que "se recuperaron as brigadas dos concellos, que xa demostraran que eran ineficaces funcional e organizativamente, pois botar mau delas só obedece a perpetuar o clientelismo político; que se profundizou na privatización e desmantelamento do SPDCIF, contratando e subcontrando as tarefas de prevención, vixilancia e extinción dos incendios, con empresas privadas que forman parte da “economía do lume; que non se apostou por un servizo público único de prevención, vixilancia e extinción de incendios, cando o PP había manifestado o contrario en campaña electoral, pois continua mantendo á empresa SEAGA que non aporta ningunha mellora na eficacias do dispositivo contraincendios forestais da Xunta e ademais que non se reverteu nin un so euro da política de extinción, cara unha política de poñer en valor o “ouro verde” que temos en Galicia".
"Desde CCOO tamén vimos defendendo que para acabar coa lacra dos incendios forestais é necesario conseguir un gran pacto político-social, coa participación de tódolos partidos políticos, as organizacións sindicais, organizacións ecoloxistas, as empresas e os propietarios dos montes, cun dobre obxectivo: retirar da loita partidista o tema dos incendios (para non dicir unhas cousas na oposición e as contrarias cando se goberna), consesuando medias, nas que todos esteamos de acordo para valorizar os nosos montes, apostar pola madeira de calidade, defender o medio ambiente e impulsar o turismo rural. Todo elo ben organizado supón incrementos netos do PIB de Galicia e tamén poñer en marcha modificacións lexislativas na orde civil e penal, administrativas, etc., de máximo consenso social, dirixidas a previr, sensibilizar, pero tamén para castigar “o terrorismo medioambiental”, convertendo a loita contra os incendios forestais e pola defensa da riqueza natural de Galicia, nunha loita de todos e de todas".
Para rematar, desde CCOO consideran que o Presidente da Xunta de Galicia "a mais de escusarse nas condicións climatolóxicas e na actuación criminal dos incendiarios, debería asumir algo de autocrítica no senso de que o dispositivo de loita contra incendios forestais non estaba, nin está ben organizado para afrontar unha de vaga de lumes como que esta asolando Galicia. Porén debería asumir algunha responsabilidade, empezando por cesar ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal, o Sr. Fernandez-Couto, como máximo responsable da des-organización dun dispositivo que so esta en parte funcionando, grazas a profesionalidade, a implicación e o sacrificio do persoal (Técnicos, Axentes e Brigadistas) da Xunta de Galicia, que incluso se xogan a súa propia vida para que os lumes non se acheguen as zonas habitadas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180