PROVINCIA
A Xunta reitera que o novo servizo de transporte a Peinador ten que prestarse "nas mellores condicións"
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembrou hoxe que o Goberno galego ofreceu dende o pasado mes de febreiro a súa total disposición para colaborar técnica e economicamente na posta en marcha deste servizo.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, reiterou esta semana en rolda de prensa o total interese e máxima disposición da Administración autonómica por poñer en marcha canto antes o novo servizo de transporte público ao aeroporto de Vigo.
López-Chaves insistiu en que “ante a falta” dun servizo ao aeroporto, a Xunta ofreceu dende o pasado mes de febreiro a súa disposición para colaborar técnica e economicamente na posta en marcha deste autobús con conexión directa ao aeroporto. Con esta iniciativa, o obxectivo da Xunta é ofrecer solucións de calidade aos vigueses e aos usuarios do aeroporto de Peinador. E coma lembrou, aínda que se trata dunha liña de competencia exclusivamente municipal, a Administración galega financiará o novo servizo sendo a única ruta municipal destas características financiada polo Goberno autonómico.
O delegado lembrou que dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa se enviou ao Concello de Vigo o convenio para a firma do mesmo. Pero dende o goberno local puxeron “unha serie de obxeccións” a pesar de tratarse dun documento “coa mesma partida e as mesmas condicións” que ten o aeroporto de Santiago e como, segundo lembrou López-Chaves, tiña solicitado o alcalde vigués, Abel Caballero.
Así, informou de que as propostas remitidas polo Concello para modificar o convenio están a ser estudadas polos técnicos da Xunta deixando clara a vontade do Goberno galego por poñer en marcha canto antes o novo servizo. É máis, deixou claro que se este servizo “fora competencia da Xunta, xa estaría en marcha”.
De todos xeitos, entre algunhas desas obxeccións, o delegado sinalou que “chama a atención” que o Concello “quere prestar o servizo nun autobús de segunda man, usado”. Ante isto, López-Chaves explicou que a Xunta quere que o servizo se preste nas “mellores condicións”, polo que debe ofrecerse con autobuses novos. É máis, exemplificou que “co mesmo diñeiro e convenio”, en Santiago puxéronse tres autobuses novos, polo que “en Vigo tamén queremos autobuses novos”. “Non pode ser que o Concello queira que os vigueses teñamos peor servizo que noutras cidades”, considerou.
López-Chaves finalizou sinalando que a Xunta non comprende esta actitude do goberno local “poñendo trabas” dende hai meses e agora, “incluso pola cor do autobús”. “Non entendemos que coas mesmas condicións coas que se puxeron tres novos autobuses en Santiago, en Vigo estean a ter problemas para por un”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136