Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social A Devesa

[Img #26861]

 

A Xunta de Goberno Local de Salceda de Caselas aprobou  o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa. A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos. Tras a aprobación dos pregos, haberá que esperar ata a súa publicación no BOP, e será entón cando se abra o prazo de vinte días para que os e as interesados/as poidan presentar as súas ofertas.


O Centro Social da Devesa, ubicado na rúa Vigo, acolle diversas actividades de ocio ao longo de todo ano (coro, teatro, zumba, ioga, guitarra…), ademáis de iniciativas de índole social, como o Programa de Respiro Familiar para os enfermos/as de Alzheimer. Así mesmo,  serve de sede para asociacións sociais como a de Mulleres Rurais ou a de Xubilados e Pensionistas. Toda esta actividade garante unha presenza continua de usuarios/as no edificio, polo que o servizo de cafetería do mesmo resulta de gran importancia, e así o levan demandado diversos colectivos.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.