Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 19 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Volta a España 2016 pasa este domingo por Mos

Os veciños da localidade mosense poderán ser espectadores privilexiados da 71 edición da Volta na súa segunda etapa, Ourense-Baiona, que o domingo pola tarde pasará por Mos.

[Img #26900]

 

A Volta a España celebra este ano 2016 a súa 71 edición. A 2º etapa, que terá lugar o vindeiro domingo, 21 de agosto, sairá de Ourense con chegada a Baiona pasando polo Concello de Mos. O percorrido total desta segunda etapa será de 160.8 kilómetros de lonxitude.


No termo municipal de Mos a Volta pasará pola rotonda das Angustias procedente da Avda. de Galicia (Porriño) sobre as 16:21 horas, en horario previsto pola organización.


Logo, xiro á dereita na Rotonda das Angustias cara á estrada N-550 (Estrada Porriño- Redondela) dirección Redondela.


Á altura do Pazo de Mos, xiro á esquerda pola EP-2601 (Estrada Puxeiros-Mos) pasando por Torroso e Pena de Francia.


[Img #26901]

 

Pasando Pena de Francia, xiro á dereita polo Camiño Subida do Faquiña (Polígono Monte Faquiña).
No alto de Faquiña, xiro á dereita (fronte á gasolineira), pola EP-2603 (Avda. Peinador) en dirección ao Aeroporto de Peinador.


E finalmente ao seu paso pola Rotonda do Aeroporto continuarán pola Avenida do Aeroporto en dirección a Vigo en horario previsto pola organización sobre as 16:40 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.