SALCEDA DE CASELAS
O PSdeG-PSOE de Salceda tilda de "cinismo político" ás declaracións da concelleira Loli Castiñeira
![[Img #26967]](upload/img/periodico/img_26967.jpg)
A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Salceda, Gela Ledo, saíu ao cruce das declaracións realizadas pola concelleira Loli Castiñeira nunha entrevista realizada recentemente na prensa, nas que criticaba ao PSOE de Salceda por diversas actuacións.
Gela Ledo tildou de "cinismo político" e "intento de engano masivo á cidadanía" as declaracións da concelleira Loli Castiñeira á que acusou de "mentir e ocultar a verdade para desviar a atención sobre a pésima labor do goberno de Marcos Besada da que ela forma parte".
“O que ten que explicar aos veciños de Salceda e aos provedores Loli Castiñeira en vez de criticar ao PSOE”, indicou Gela Ledo, “é porque mentres se subía o soldo no 2015, ela e o seu goberno contrataban a empresas sen partida orzamentaria e mentindo ós empresarios, feito que xerou o maior desastre económico da historia recente de Salceda”.
“As mentiras da señora Castiñeira son tan graves, que chega incluso a acusar ao PSdeG de estar en contra do Centro de Saúde, feito do que todos os veciños e veciñas son coñecedores da súa falsidade”. “O PSOE realizou numerosas xestións para solucionar a situación sanitaria de Salceda, incluso sen ser área de nosa responsabilidade. O que é lamentable que teñamos que ver agora a esta concelleira dicir que temos un problema de atención infantil e teñamos que lembrarlle á concelleira que Salceda leva con 1600 niños moitos anos, cinco deles sendo ela concelleira de sanidade e que a situación deficiente do servizo non xurde agora. ¿Leva cinco anos cobrando como concelleira e se da conta agora?”, responde Gela Leda.
A concelleira socialista afirmou que “ os socialistas seguiremos a traballar para procurar unha situación sanitaria digna para os nosos veciños, e que non permitimos leccións de quen leva anos nunha responsabilidade como a concellería de sanidade e non aportou nada, nin unha idea nin un proxecto. E dito isto, por responsabilidade cos veciños de Salceda, instamos á concelleira a que deixe a publicidade gratuíta de temas tan necesarios como este”.
En canto ó PXOM e o Polígono de O Cerquido, a vice-voceira socialista foi máis alá nas súas críticas a Loli Castiñeira á que tildou de irresponsable. “Declaracións como esta poden convertela en promotora de ilegalidades” e preguntoulle “¿parécelle ben a Loli Castiñeira intentar aprobar un Plan Xeral ás costas dos veciños e regalarlle 100.000 metros cadrados a un empresario?. O PSOE non vai ser cómplice nunca destas cacicadas, repetimos dende un primeiro momento que vamos apoiar todo o que é bo para Salceda e rexeitar aquilo que non, esa é a responsabilidade que adquirimos como concelleiras”.
Sobre o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito aos provedores, Gela Ledo afirmou con rotundidade que “o PSOE non se vai a mover da legalidade”. “No último pleno presentamos un Plan Económico para resolver as débedas que orixinou o Sr. Alcalde, un documento no que se recollen os compromisos que o Concello de Salceda debe aprobar para que se cumpra a legalidade e que esta situación non se volva a repetir”. “Está na man do Sr. Alcalde e de todo o seu grupo poder pagar os provedores, co único compromiso de transparencia e dar cumprimento da legalidade, dixémolo dende o primeiro pleno no que se levou este tema”.
Por último, a concelleira socialista instou a Loli Castiñeira a actuar con máis responsabilidade nas súas declaracións pois como cargo público “non debe promover ilegalidades publicamente”, e lle recomendou que abandone os ataques furibundos ao PSdeG e lle dedique o seu tempo a gobernar e á atencións sanitaria, que polo que vemos, precisa maior atención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149