CINE
Kubo e as dúas cordas máxicas
Estrea 26 agosto.
![[Img #26992]](upload/img/periodico/img_26992.jpg)
Kubo e as dúas cordas máxicas é unha película de acción e aventuras, cun Xapón máxico de pano de fondo, producida por LAIKA, o aclamado estudo de animación. O intelixente e bondadoso Kubo (ao que presta a súa voz na versión orixinal da película Art Parkinson, a serie "Xogo de tronos") gáñase a vida como pode contando historias tan marabillosas como fantásticas aos habitantes dunha aldeíña costeira entre os que están Hosato (George Takei), Akihiro (Cary-Hiroyuki Tagawa) e Kameyo (Brenda Vaccaro, nomeada a un Óscar). Pero a súa tranquila existencia cambia de golpe cando, accidentalmente, chama a un espírito mítico que regresa dos ceos decidido a levar a cabo unha vinganza milenaria.
Kubo non ten máis remedio que fuxir e unirse a Mona (a oscarizada Charlize Theron) e a Escaravello (o oscarizado Matthew McConaughey) para salvar á súa familia e resolver o misterio que rodea ao seu deshonrado pai, o máis grande de todos os samuráis que xamais existiu. Coa axuda da súa shamisen, un instrumento máxico, Kubo enfróntase a deuses e a monstros como o vengativo Rey Lúa (Ralph Fiennes, nomeado pola Academia de Hollywood) e as malévolas xemelgas (Rooney Mara, nomeada pola Academia de Hollywood) para descubrir o segredo da súa herdanza, reunirse coa súa familia e cumprir o heroico destino que lle está reservado.
FICHA TÉCNICA
Xénero: Animación de acción e aventuras.
Dirección: Travis Knight.
Guión: Marc Haimes e Chris Butler.
Reparto: Art Parkinson, Matthew McConaughey, Charlize Theron, Rooney Mara, Ralph Fiennes, Cary-Hiroyuki Tagawa, George Takei, Brenda Vaccaro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149