Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 24 de Agosto de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

As xornadas de mellora técnica da Federación Galega de Baloncesto concentrarán en Tui a 155 deportistas de toda Galicia

Adestrarán nos pavillóns deportivos municipais de Tui dende o 24 ao 30 de agosto.

Dende o mércores 24 ata o martes 30 deste mes, a Federación Galega de Baloncesto organizará no concello de Tui as Xornadas de Mellora Técnica, nas que participarán un total de 144 deportistas de toda a xeografía galega, acompañados por unha coordinadora, dez adestradores e un fisioterapeuta. Os adestramentos dos participantes terán lugar no vello pavillón deportivo municipal e no pavillón do IES San Paio de Tui.

 

A federación ten planteados dous adestramentos diarios, con traballo de aspectos de mellora técnico-táctica do xogador/a, xunta a unha terceira sesión de caracter competitivo. Así mesmo, os deportistas participarán en diferentes actividades lúdicas e asistirán a charlas de diferentes departamentos, como saúde, arbitraxe, etc.

 

72 xogadores no primeiro turno (do 24 ao 27) e outras 72 xogadoras no segundo (do 27 ao 30), de categorías infantil e minibasquet (nados do 2003 ao 2006), adestrarán en Tui froito do acordo de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.