TUI
A Consellería de Cultura e Educación adxudica as obras no CEIP Nº2 (Tui) e no CEIP de Atios (O Porriño)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de adxudicar as obras que ten previsto acometer este ano no CEIP Nº2 (Tui) e mais no CEIP de Atios (O Porriño). As actuacións contan cun prazo de execución de 1 mes cada unha delas, de tal forma que a previsión é que estean rematadas ao remate do primeiro mes de curso escolar. En calquera caso, o departamento educativo da Xunta de Galicia tomará as medidas pertinentes para que as obras non afecten ao normal desenvolvemento da actividade lectiva.
A actuación no centro educativo tudense conta con 54.046,65 euros de orzamento, cos que se acometerá o cambio de carpintería exterior, co fin de mellorar o illamento do centro cunhas novas fiestras. O expediente pode consultarse no enlace http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=60955.
No caso do CEIP de Atios a intervención consistirá na substitución das placas translúcidas do tellado por outras novas, e conta cun orzamento de 24.050,65 euros. O expediente pode consultarse no enlace http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=60952.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149