SALCEDA DE CASELAS
O Concello de Salceda devolve 635 euros de media ós seus empregados públicos
Os novos orzamentos municipais recentemente aprobados contemplan unha partida específica para o pago da paga extra de Nadal de 2012 que lle fora retirada ás/aos empregadas/os públicas/os por Lei do Goberno do Estado.
O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas ven de autorizar o pago do 50% restante do importe da paga extra de Nadal de 2012 aos seus empregados públicos que por aplicación do Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo deixaran de percibir este ingreso.
Con esta medida que viña contemplada nos orzamentos municipais 2016 e que entraron en vigor recentemente, un total de 44 empregados/as van recuperar unha cantidade total de 27.971 € que verán reflexada na nómina deste mes.
O Concello de Salceda xa fixera o ano pasado o pago do outro 50% acolléndose a Lei 36/2014 de 26 de decembro e ao RDL 10/2015 de 11 de setembro, que deixaban liberdade aos Concellos para proceder á devolución desa porcentaxe e deixando a partir do 2016 o restante. Para iso, era condición indispensable contar co informe favorable de Intervención no cal se aconsellase que a situación económico-financieira do Concello fixese posible esta devolución, condición que se deu e se sigue a dar no caso de Salceda de Caselas e segundo se conclúe no informe a Interventora Municipal.
O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas explica que sempre se amosou "en contra da medida da retirada da Paga Extra do ano 2012 e que fora aprobada polo Goberno do Estado, polo que agora se acolle á opción da devolución do 100% que permite a Lei, unha vez que se dan as circunstancias económicas precisas no Concello para poder levar a cabo esta devolución".
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda e Persoal de Movemento Salceda manifestaba que: “seguimos a defender a nosa posición do 2012, cando nos amosábamos en contra da retirada, por Lei e por parte do Estado, dun dereito básico dos/as traballadores/as. Ante esta posibilidade legal, o Equipo de Goberno así o demostra, acolléndose á posibilidade de reintegro duns ingresos que nunca deberon ser retirados”.
Loli Castiñeira, Alcaldesa Accidental de Salceda explica que “os/as Empregados/as Públicos/as pagaron unha crise da cal non eran culpables, con contínuos recurtes e perda de dereitos. Queremos pensar que esta non sexa unha medida electoralista e que realmente o Goberno restitúa os dereitos adquiridos dos/das traballadores/as”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149