GALICIA
A Xunta impulsa a promoción da artesanía de Galicia en mais de 40 feiras nacionais e internacionais
O DOG publica axudas por máis de 190.000 euros das que se benefician máis de 33 obradoiros, 11 concellos e a Asociación Galega de Artesáns.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 190.000 euros co obxectivo de fomentar a promoción comercial da artesanía galega en preto de 45 feiras nacionais e internacionais, dos que se benefician un total de 33 obradoiros artesanais, 11 concellos e a Asociación Galega de Artesáns.
Así, mediante a resolución que se publica no DOG, apóiase a participación de profesionais en encontros internacionais como Bijorhca e Maison&Objet, en París; e outras nacionais como Bisutex, Intergift ou Madridjoya, en Madrid, ou Expohogar en Barcelona, contribuíndo así á busca de novas oportunidades de negocio.
Apóiase a participación de profesionais galegos en feiras internacionais e respáldase tamén a celebración dos encontros Mostrart, na Coruña, e Ofeitoamán, en Vigo, e mostras como a do encaixe de Camariñas ou a da olería de Buño
Ademais, obteñen axudas un total de 11 concellos, para a organización da Mostra de Olería de Buño (Malpica); a Mostra do Encaixe de Camariñas; a Mostra de Artesanía Artelemos (Monforte), o encontro Alfaroleiros (Oleiros); a Feira de Artesanía de Viveiro; a Feira de Artesanía de Carnota; a Feira de Produtos Endóxenos en Bande; a Feira de Maquinaria Usada e Artesanía de Cospeito; a Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde; a Feira de Artesanía de Outeiro de Rei e a Feira Tradicional Outrora de Bóveda. Por outra banda, respáldase tamén a organización por parte da Asociación Galega de Artesáns das feiras Mostrart, na Coruña, e Ofeitoamán, en Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208