Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 08 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A compulsa dos documentos no Concello podería non ter validez diante doutras administracións

Segundo explicou a alcaldesa no pasado Pleno do 31 de agosto, en resposta a unha solicitude do Grupo Municipal do Partido Popular, conforme á Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXPA), a compulsa dos documentos que se presenten nos concellos se refiren a documentos que deben de ter efectos no propio Concello ou ben diante da Xunta, dado que o Concello do Porriño, como o resto dos municipios de Galicia, ten Rexistro Portelo Único coa Administración galega.


Isto supón, indico Eva García de la Torre, dacordo coa opinión do secretario municipal, que  a compulsa no Concello doutros documentos oficiais, como os referidos ao de Ensino, Seguridade Social, Facenda, Institutos, Universidade, Servizo Galego de Saúde ou Xulgados, poderían non ser admitidos por estas administracións.


Isto suporía que si as veciñas e veciños acoden ao Rexistro do Concello a compulsar documentos que non pertencen a propia administración local ou á Xunta, a devandita compulsa non ten porqué ser admitida como válida diante dos organismos sinalados, o cal causaría inconvintes e inseguridade aos cidadáns.


"Esta circunstancia é perfectamente coñecida polo Partido Popular: de feito en concellos gobernados polo PP, como o de Ourense, só se compulsan os documentos referidos ao propio Concello ou a Xunta" aseguran.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.