Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 07 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Iniciado o proceso de exposición pública da nova senda peonil e ciclista en Atín

Hoxe celebrouse no Concello unha reunión informativa cos veciños da zona.

[Img #27322]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o técnico da consellería de Infraestruturas e Vivenda, Daniel Romay, o arquitecto municipal mosense, Ramón Vega, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o edil da parroquia de Cela, Cándido Pérez, mantiveron esta mañá no Concello unha reunión informativa cos veciños de Atín-Cela para esxplicarlles o proxecto de construción da senda peonil e ciclista na estrada PO-331, en Atín, que xa se atopa en exposición pública.

 

Esta nova senda executarase ao longo de case un quilómetro na marxe esquerda da PO-331, e previse un investimento de 450.000 €. Con esta actuación mellorarase a accesibilidade peonil das vivendas e núcleos de poboación da zona de Atín, dando continuidade ao itinerario peonil existente que chega ata Porriño. Ademais, a actuación prevé un novo acceso peonil e ciclista, directo dende a PO-331, ao colexio público de Atín, a mellora da seguridade dunha intersección da PO-331, e a execución dun colector de saneamento. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe.

 

A nova senda de Mos contará cunha lonxitude de 920 metros, que implicará un investimento de 450.000 € cuns fondos que a día de hoxe xa están garantidos para a execución da actuación dentro do Plan de Sendas de Galicia. Deste modo, farase posible a comunicación peonil das vivendas e núcleos máis próximos a este treito da PO-331 coa capitalidade do concello de Porriño, e dotará dun novo acceso peonil e ciclista, directo dende a estrada autonómica, ao colexio público de Atín.

 

A sección que se vai executar contará cun firme de formigón con cor e garantirá un ancho mínimo de 1,8 m libres para o tránsito. Isto permitirá que as persoas que se despracen pola senda teñan un espazo suficiente como para transitar e cruzarse comodamente.

 

Para poder acometer a actuación será necesaria a expropiación de 1.453 m2, cun custo estimado de adquisición dos terreos de 10.152 €. Para elo, o documento que xa se atopa en proceso de información pública, inclúe a relación de bens e dereitos afectados pola actuación.


 
Actuacións complementarias de mellora da estrada

A maiores da senda en si mesma, mellorarase a seguridade viaria e a funcionalidade da propia estrada con actuacións complementarias importantes en canto á súa transcendencia:

 

  • Destaca o novo acceso peonil e ciclista ao colexio de Atín, directo dende a estrada PO-331, cun ancho de 3 metros e 200 de lonxitude.
  • Mellorarase a intersección da estrada de Pereiras, habilitando un cambio de sentido que mellora a funcionalidade da PO-331.
  • Habilitaranse rebaixes nos treitos existentes de beirarrúa da marxe dereita da PO-331.
  • Instalarase un colector de saneamento que permitirá conectar as vivendas da zona co sistema de saneamento do Louro.

 

E, ademais, completarase a obra coa renovación da sinalización horizontal e vertical e aquelas obras de drenaxe e sostemento de terras que sexan necesarias.

 

Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe ata 2020. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo foran presentados o pasado 16 de marzo pola Conselleira de Infraestruturas e vivenda, e suman 12 quilómetros en 11 novas sendas. Como se indicou naquel momento, encargáronse os proxectos construtivos das actuacións e agora iníciase a tramitación do correspondente á senda da PO-331.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.