Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Sábado, 10 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

En auxe a participación activa da mocidade mosense nos ámbitos social e laboral

Os voluntarios do programa de voluntariado xuvenil recibiron esta semana a visita da directora xeral Cecilia Vázquez.

[Img #27366]

 

Un grupo de 8 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade desenvolven en Mos un programa de voluntariado xuvenil que ten por obxectivo principal o de dinamizar a poboación xuvenil e fomentar a súa participación activa no ámbito social e laboral. Para iso, os voluntarios realizan labores de reforzo educativo a familias en risco de exclusión social e de apoio a persoas dependentes, colaboran nos campamentos e ludotecas municipais e levan a cabo actividades de fomento da cultura e do patrimonio turístico e medioambiental.


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta semana este programa que se enmarca no Servizo de Voluntariado Xuvenil, acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Benestar Social, Sara Cebreiro. Trátase dunha iniciativa que conxuga os beneficios que leva aparellada a acción voluntaria, como son o fomento da solidariedade, a sensibilización cos máis vulnerables ou o compromiso coa mellora do conxunto da sociedade, coa importancia que para os propios mozos e mozas ten o poder participar nestas experiencias de educación non formal.


A actividade que organizaron hoxe os 8 voluntarios consistiu nunha ruta de sendeirismo para as usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa cunha parada para merendar no Pazo de Mos, onde puideron coñecer as dependencias deste emblemático edificio mosense e recibiron a visita das representantes municipais e autonómica.

 

A consellería de Ppolítica Social da Xunta de Galicia está a fomentar en Mos a participación activa dos mozos e mozas no ámbito social e laboral mediante este proxecto de voluntariado enmarcado no Servizo de Voluntariado Xuvenil.

 

A consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que dirixe o conselleiro José Manuel Rey Varela, concedeulle ó Concello unha subvención de preto de 5.000 euros para este Programa de Servizo de Voluntariado Xuvenil.
Os voluntarios que colaboran no mesmo fano un mínimo de 6 horas ó día durante un total de 60 días, colaborando na Aula de Integración para alumnos/as expulsados/as do IES de Mos, no campamento infantil matinal Mañás de Verán, na Ludoteca Municipal de San Rafael durante a tempada estival; así como en outras actividades educativas e lúdicas para a poboación infantil e xuvenil, de dinamización medioambiental, relacionadas coa cultura e o turismo para poñer en valor o patrimonio cultural municipal e de apoio ás persoas dependentes e/ou con discapacidade.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil Sara Cebreiro declararon a este respecto que “dende o Concello de Mos somos conscientes da importancia da acción voluntaria co obxectivo de promover a participación social dos cidadáns do municipio, por iso preténdese crear unha rede de voluntariado mediante a activación do Programa Municipal de Voluntariado, cunha sección inicial de voluntariado xuvenil”.

 

[Img #27367]


Trátase dun programa coordinado entre as concellerías de Política Social, Participación Cidadá (OMIX) e Emprego que supón un avance no desenvolvemento do voluntariado, na concienciación da poboación sobre a importancia da participación voluntaria, e na regulación da actividade voluntaria mediante a formación e o apoio de proxectos innovadores.


Arévalo e Cebreiro explicaron que “sensibilización, promoción, formación, coordinación e apoio técnico ao voluntario son os eixes sobre os que se planifican as distinstas actuacións deste programa municipal”.
O Concello de Mos está rexistrado na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con número 563 e denominación “Concello de Mos: Voluntariado Social”. O nome do proxecto que se está a desenvolver é “Mocidade Voluntaria de Mos VOLX-MOS”.


A edil Sara Cebreiro e a rexedora local mosense consideran este proxecto “Mocidade Voluntaria de Mos” como un primeiro paso para converter Mos nun municipio máis solidario a través do fomento e o apoio ao voluntariado, coa importancia que ten facelo no rango de idade da mocidade, xa que os mozos solidarios de hoxe serán adultos solidarios no futuro.


O Concello de Mos xa ven sendo exemplo de actitudes e iniciativas solidarias promovendo, entre outros, o programa Mos Axuda, no que se coordinan os Servizos Sociais municipais, Protección Civil, empresarios, e outros activos locais para dar resposta ás necesidades e demandas das familias mosenses máis desfavorecidas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.