MOS
Posta a punto do CEIP Pena de Francia para a volta ó cole
Estanse a cambiar e mellorar os falsos teitos, unha das principais necesidades do edificio.
![[Img #27478]](upload/img/periodico/img_27478.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro delegado de Educación, Camilo Augusto, supervisaron xunto coa directora do centro educativo, as obras de mellora que se están a acometer no Colexio Público Pena de Francia.
Trátase dunha importante optimización das instalación consistente na substitución e cambio mediante reposición dos falsos teitos. Traballos realizados grazas aos fondos aportados pola consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Segundo declararon os representantes municipais “estas melloras eran moi necesarias dada a antigüidade dos teitos existentes e o conseguinte deterioro derivado do transcurso dos anos”. Arévalo e Augusto informaron tamén de que se está a substituir o material preexistente por falso teito desmontable, ó tempo que se aproveita para facer unha mellora da instalación eléctrica da iluminación e a colocación de placas luminarias LED, que optimizan o consumo enerxético e melloran a visibilidade.
Outros labores a realizar son o pintado interior do edificio, reposición e mellora dos elementos do parque infantil e optimización da pintura e a xardinería no resto da zona exterior.
A inversión que fai a consellería de Educación nestas obras, que prevese estean rematadas durante o presente mes de setembro, ascende a preto de 60.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208