Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Tres días de loito oficial en Mos polo accidente ferroviario producido no término municipal

Aprobadas por unanimidade a ratificación da urxencia e a declaración institucional levadas no orde do día da sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Mos celebrada hoxe e que deu comezo ás 21.00 horas.

[Img #27481]

 

A corporación local asinou una declaración Institucional en nome do  Pleno e do pobo de Mos para manifestar as mostras de condolencia e solidariedade ás familias das vítimas do accidente ferroviario producido no noso término municipal.

 

Con motivo do accidente ferroviario acontecido esta mañan o Concello de Mos en Pleno aprobou formalizar unha declaración institucional de loito e a través da mesma mostrar,  en nome do Concello de Mos, as condolencias e o seu apoio  ás  familias das víctimas e feridos do accidente ferroviario que se produciu hoxe pola mañan na parroquia de Sanguiñeda.

 

 Tamén acordaron, en nome da Corporación municipal e  do pobo de Mos, agradecer a magnífica e  solidaria actuación que tiveron dende as Forzas e Corpos de Seguridade do  Estado, a través da Garda Civil e  Policía Local do municipio e das localidades veciñas, así como os efectivos do 112 e 061. Ademais da veciñanza que participou  nas primeiras labores de asistencia.

 

Por último declararon tres días  loito oficial desde hoxe día 9 ata as 24:00 horas do domingo día 11 del presente mes de setembro, durante os que as bandeiras de todos os edificios municipales ondearán a media asta.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.