Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 14 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Un novo paso peonil na Estrada pola Vía comunicará definitivamente a parte alta e baixa da parroquia de Panxón

Tras máis de seis anos de reclamacións e protestas, Concello e asociación de veciños acadan ao fin o compromiso da Xunta para que sexa pintado este mesmo xoves.

[Img #27536]

 

Concello de Nigrán e Asociación de Veciños de Panxón acadaron hoxe o compromiso da Xunta de pintar un paso peonil na Estrada pola Vía (PO-325, de competencia autonómica) tras unha reunión no municipio co xefe territorial de infraestructuras, José Luis Díez Yañez, e o enxeñeiro territorial, Fausto Núñez. O encontro prodúcese despóis de que o Consistorio se vise forzado a borrar o paso peonil que pintara provisionalmente ante a ausencia de resposta da Xunta as súas reiteradas solicitudes. Paralelamente, e despois deste requerimento para eliminalo, medio cento de veciños se manifestou na rúa a semana pasada demandando á Xunta que o restituise. O obxectivo é que  residentes de barrios como Rial, Sancho ou Quinteiro queden comunicados de xeito seguro coa parte baixa da parroquia, onde se atopa o comercio local, centro de saúde ou escolas.

 

"Actualmente a parroquia está dividida en dous debido a súa carencia e  cada día decenas de persoas cruzan a esta estrada xogándose a vida. É algo urxente e necesario que os veciños veñen reclamando con toda lóxica dende hai anos", suliñou o alcalde, Juan González, ante os representantes da Xunta, quenes finalmente se comprometeron a pintar un este mesmo xoves á altura de Camiño do Seixo e Dos Lagos, onde paralelamente se instalará a sinalización correspondente e bandas de seguridade. Ademáis, o rexedor entregou diferente documentación solicitando que instalen outro máis na PO-335 á altura do barrio de Area Alta co fin de que dende o barrio de Carregal se poida acceder con seguridade ao centro de saúde ou á praia.

 

 

 

 

Nas próximas semanas ubicarase un novo en Torrente Ballester (na Foz) e dende o Concello reclámase outro máis na Estrada pola Vía a altura do barrio de Area Alta  

 

 

 

 

No encontro os veciños manifestaron aos representates do organismo autonómico o seu malestar por "máis de seis anos de reclamacións á Xunta a través do anterior goberno local do PP", ao que o propio delegado de Infraestructuras respondeu que se trata da primeira ocasión na que o consistorio lle traslada este problema.

 

Por outra banda, o Concello acadou tamén o compromiso de que se pinte un nas vindeiras semanas na rúa Torrente Ballester (zona de A Foz cara a Monte Lourido), xa que nesa estrada que une A Ramallosa e Praia América non existen.

 

“A mobilidad peonil é a forma máis natural e básica de desprazarse, ningún outro tipo de mobilidade pode sustituíla ou impedila”, considera González, quen insiste na súa aposta por políticas que prioricen aos peóns seguido de bicicletas, transporte público e vehículo privado. Por este motivo, incide na importancia de que nos pasos de peóns "sempre prime a seguridade e non supoñan un perigo engadido".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.