PONTEAREAS
O Goberno local reprocha a ACIP a campaña negativa de alarmismo sen fundamento
Dende o goberno aseguran que "nin na Freixa, nin no regato da Venda houbo este verán ningunha vertedura de saneamento que fose parar ao río Tea".
"O problema da minidepuradora da Freixa -aclarado xa no seu día- foi un desbordamento puntual xunto aos baños, que foi solucionado de inmediato na mañá do domingo 14 de agosto. Este incidente foi consecuencia dun atasco na bomba da minidepuradora, atrancada cuns trapos tirados na rede de saneamento, isto é, o comportamento incívico dalgún veciño. Amais, de non dispor esta instalación das medidas preventivas que eviten que os materiais impropios de saneamento cheguen aos bombeos, consecuencia dunha obra mal realizada cando os concelleiros de ACIP, Sr. González Carrera e Sra. Bautista estaban no goberno co Partido Popular. O Goberno actual xa encargou solucionar esta situación para evitar no futuro novas avarías por tirar polos sumidoiros o que non procede" aseguran dende o goberno municipal.
Dende o Goberno local tamén lembran "o inadecuado da lugar desta instalación de depuración, xusto no peor lugar, á beira da praia fluvial. Os grupos do Goberno actual xa advertiran no seu día dos riscos que poderían traer as avarías".
O Goberno tamén aproveita para indicar "o elevadísimo custe anual deste tipo de minidepuradora polo consumo de enerxía eléctrica e o mantemento. En conxunto, está entorno aos 20.000 euros ao ano".
Sobre a arqueta que desbordou xunto á pista de pádel," o problema reside na rede de saneamento de todo o núcleo urbano con tubaxes rotas, fugas e outras incidencias. Por non solucionar estes problemas anteriormente e a falla de mantemento durante anos, situación que se dá en diversos puntos da rede de sumidoiros do núcleo. O Goberno actual en só un ano xa solucionou varios destes “puntos negros” de saneamento como na rúa da Braña".
Dende o Goberno indican que "esta rotura xunto a pista que sube ao Centro de Saúde será solucionada nas próximas semanas ao incluír esta obra dentro das actuacións de mellora da rede de saneamento no núcleo urbano. Puntualmente, xa foi desatascado como xa se fixo noutras ocasións anteriores".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184