O PORRIÑO
Clausura dos cursos de Graffiti e de elaboración de combinados e Cócteles sen alcohol, este mércores no Porriño
O Pavillón Municipal de Deportes e o Centro Multiusos de Torneiros, serán os escenarios da clausura dos cursos de Graffiti e de elaboración de Cócteles e combinados sen alcohol, organizados polo Concello con cargo aos fondos destinados pola Deputación de Pontevedra.
No ‘Curso de Graffiti’, que se clausura este mércores día 14 á 1 da tarde, participan unha ducia de rapazas e rapaces que dende o pasado día 30 de agosto coñeceron a técnica deste arte urbán e remataron un traballo conxunto nas propias instalacións do Pavillón.
Polo que se refire ao ‘Curso de Cócteles e combinados sen alcohol’, as alumnas e alumnos aprenderon a realizar distintos combinados sen alcohol, aproveitando as calidades naturais de froitas e verduras para crear zumes con distintos valores enerxéticos e proteínicos.
O asistentes instruíronse en aproveitar ao máximo os beneficios destes alimentos e a crear as combinacións máis saudábeis, ademais de coñecer as súas propiedades vitamínicas, como antioxidantes, a cantidade de fibra e, asimesmo, evitar que as froitas, xunto con outros alimentos, poidan afectar á dixestión.
Aínda que se anunciara que os participantes neste curso farían unha degustación na Praza de Antonio Palacios, este mesmo mércores, finalmente, por mor do tempo, a mesma terá lugar no Centro Multiusos de Torneiros, ás 18:30 h., coa presenza da deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación, Digna Rivas que, como na clausura do Curso de Graffiti, estará acompañada pola concelleira de Educación e Xuventude do Porriño, Lourdes Moure.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213