Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 14 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O presidente do Goberno en funcións visita o Pazo de Mos

A directiva da Fundación pediulle a Mariano Rajoy toda a colaboración posible para manter e potenciar este espazo, sede da cultura mosense.

[Img #27584]

 

O presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, fixo esta mañá un alto no municipio mosense, concretamente no Pazo de Mos, antes de coller o seu avión no aeroporto de Peinador de regreso a Madrid.

 

Rajoy foi recibido pola directiva da Fundación Pazo de Mos, pola alcaldesa Nidia Arévalo e os concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, entre outras autoridades e una nutrida representación do tecido asociativo e empresarial da localidade, así coma de veciños e veciñas particulares.

 

O presidente en funcións visitou as instalacións do Pazo de Mos, peza fundamental do patrimonio histórico, turístico e cultural mosense, e escoitou as demandas dos representantes da Fundación; que solicitaron toda axuda e colaboración posibles para manter e potenciar este espazo, centro neurálxico da actividade cultural mosense ó ser un dos lugares no que máis iniciativas: musicais, teatrais, espectáculos, Plenos, vodas civís, etc. se concentran ó longo do ano.

 

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, alegrouse de que o presidente puidese contemplar as dependencias do Pazo que, según dixo, “son dignas de ser coñecidas” e deulle a Mariano Rajoy unhas sentidas “grazas por estar en Mos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.