Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 17 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Semana Verde de Galicia celebrará o seu 40º aniversario do 8 ao 11 de xuño de 2017

É un referente no noroeste peninsular pola amplitude, diversidade e novidades da súa área expositiva e o seu programa de actividades.

[Img #27595]

 

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá do 8 ao 11 de xuño de 2017 a 40ª edición da feira Abanca Semana Verde de Galicia.

 

Neste aniversario a feira volverá a contar coa formulación que o ten convertido no certame multisectorial de mostras e ocio de referencia no noroeste peninsular, a cal conxuga unha gran área expositiva con presenza dos máis variados sectores e un completo programa lúdico con actividades para todos os públicos.

 

Unha atractiva proposta que nesta vindeira convocatoria potenciará a diversidade e a incorporación de novidades que xa a caracterizan en cada edición, co obxectivo de atraer novamente ás decenas de miles de visitantes que acoden cada ano a esta cita.

 

De forma paralela á 40ª Abanca Semana Verde de Galicia celebrarase o vixésimo primeiro Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, co obxectivo de constituír un efectivo escaparate e espazo de negocio para o sector alimentario e gastronómico. Nas mesmas datas tamén se levará a cabo a cuarta edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca, como o único punto de encontro para empresas, profesionais e afeccionados a estas actividades da comunidade galega.

 

Así mesmo, celebraranse simultaneamente o VII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, e a IV Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, ao igual que na pasada edición, cando estes certames compartiron data por primeira vez con esta feira multisectorial.

 

Edición 2016

A 39ª Abanca Semana Verde de Galicia tivo lugar do 9 a 12 de xuño xunto aos seus certames paralelos Salimat Abanca e Fecap Abanca, demais de incorporar as feiras Turexpo Galicia e Festur. Rexistraron unha afluencia de público que superou amplamente os 100.000 visitantes, os cales acudiron para coñecer a oferta dos 590 expositores presentes na súa área expositiva e para participar nas máis de 170 actividades celebradas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.