SOLIDARIOS
A Xunta reforza a súa colaboración na mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí
![[Img #27630]](upload/img/periodico/img_27630.jpg)
A Vicepresidencia da Xunta vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Bojador.
A través deste convenio, o Goberno galego achega 75.000 euros á asociación para mellorar as condicións de saúde e alimentación da poboación refuxiada do Sahara, especialmente nenos e nenas de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.
Dende o ano 2006 a Xunta, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, vén colaborando con SOGAPS no financiamento de diferentes proxectos. Nestes once anos de colaboración, o Goberno galego achegou a esta asociación, mediante convenios, 560.691 euros para programas de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria.
Entre as actuacións máis relevantes dos últimos anos, destacan varios proxectos de axuda alimentaria e un de apoio sanitario, a través do cal se construíu unha casa de médicos e se está a dotar de equipamento ao Hospital de Bojador. Ademais, tamén se deu resposta á emerxencia ocasionada polas fortes inundacións do ano pasado.
A colaboración entre ambas entidades enmárcase dentro do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017. O dito plan identifica a acción humanitaria como unha prioridade sectorial dentro da cooperación, sendo importante destacar que a poboación saharauí figura como prioritaria para a atención da Cooperación Galega.
Así mesmo, a Lei 3/2003 de 19 de xuño de Cooperación para o Desenvolvemento recolle no seu artigo 12 á axuda humanitaria e de emerxencia como un dos instrumentos de cooperación. Ademais, no artigo 8 da citada Lei, recoñécese coma prioridade sectorial a promoción da igualdade de oportunidades e a defensa dos grupos de poboación máis vulnerables, con especial incidencia nos refuxiados, desprazados e retornados, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215